AS SEIS SELECCIÓNS GALEGAS ACADAN O PASE PARA OS CUARTOS DE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CANTABRIA

Galicia fixo pleno! A Federación Galega de Balonmán  meteu a todas as súas seleccións nos cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Cantabria, e foi a única que o fixo saíndo todos os combinados do Campionato (tamén meteron a seis, pero con ascensos, Euskadi e Andalucía). A xornada de hoxe foi moi intensa con partidos incribles das seleccións xuvenil masculina e cadete feminina, que tiveron que remontar para lograr a súa vitoria e clasificarse. Ademais, triunfo excepcional da selección xuvenil feminina, que se clasificou como primeira de grupo. E derrota menos dolorosa dos infantís masculinos, ao acadar a clasificación igual.

Xuvenil masculino: C. Valenciana, 28- Galicia,  30

28. C. Valenciana: Francisco Miguel Codina, Juan Carlos Sempere (8), Adrián Sánchez (4), Ian Pedro Moya (1), Pablo Ivorra, Santiago Laredo (1), Karlos Rubio (5), Alejandro Sánchez, Darío Fernández, Pablo Conca, Alex López (1), Daniel Martínez, Hugo Ponce de León (1), David López (2), Javier Olivares (2), Jesús Pérez (3).

30. Galicia: Pablo González, Mateo Arias (9), Carlos Álvarez (11), Diego Pérez (1), Javier Iglesias, Mario Cancela (2), Alejandro López (3), Jaime Leira, Adrián Bernárdez, Juan Enrique Lago, Alejandro Gómez, Sergio Álvarez (1),  José Manuel Chao (1), Javier Fernández, Román Arboleya, Daniel Virulegio (2).

Árbitros: Omar Fagundez e Tomás Fernández.

Parciais: 1-2, 1-5, 3-8, 6-9, 9-11, 10-13 (descanso), 14-14, 18-14, 22-18, 25-22, 26-25, 28-30 (final)

A selección galega xuvenil masculina, conseguiu o pase aos cuartos nun emocionante final de partido, demostrando un carácter sobresaliente e unha crenza encomiable no plan para realizar.

Os galegos comezaron dominando o encontro e ao seu rival e así lograron marcharse ao descanso cun marcador favorable de 10-13. Pero trala reanudación  viron como os valencianos lles ían comendo o terreo e volveron a aparecer as pantasmas do día anterior. Así, mediado o segundo acto, Valencia estaba seis goles arriba (25-19). O plano anímico parecía estar ao bordo do precipicio, pero foi entón cando os galegos, arroupados por unha bancada entregada á causa, comezaron o seu particular remontada para, en apenas dez minutos, colocarse por diante no marcador e selar unha merecida vitoria que os coloca, con enorme xustiza e por dereito propio, na senda dos cuartos de final. Esta vez creron en si mesmos e así chegou o triunfo.

Cuartos de final: Mañá, Cataluña – Galicia (16:00 horas)

 Cadete feminino: Galicia, 26 – Castela e León, 23

26. Galicia: Alba Afonso (4), Nerea Arias (1), Lucía Álvarez (2), Lorena Vaello (1), Lucía Méndez, Helena Sánchez (1), Aroa Fernández, Yaiza Alonso (5), Lucía Villamarín (7), Mara González, Marián Mera, Candela Franco, Athenea Barreiro (2), Carla Baltasar (2), Noelia Solla (1), Carolina González.

23. Castela e León: Laura Garnacho, Sara Alonso, Sabina Gabriela Bergara, Lucía Parro (1), Lucía Casas (2), Vera Enríquez (1), Claudia Álvarez (6), Andrea Rey (2), Carla Sánchez (1), Marta Fariza (6), Erika Vielba, Celia Refoyo (1), Raquel García (3), Iris Polvorinos, Celia García, Rosa Hierro.

Árbitros: Beatriz del Valle e Patricia del Valle.

Parciais: 3-0, 5-3, 7-4, 9-6, 10-7, 11-12 (descanso), 12-16, 16-17, 17-19, 20-20, 22-20, 26-23 (final).

Partido decisivo para as cadetes galegas que tiveron que loitar cos nervios das derrotas sufridas e a necesidade imperiosa de vencer para poder clasificarse para os cuartos. Pero no peor momento, e co apoio das e dos seus compañeiros que acudiron ao pavillón, lograron remontar e gañar a Castela e León.

Así as rapazas saíron moi concentradas e dominaron o partido por completo. Moi intensas en defensa -hai que destacar a espectacular actuación da meta Marián Mera- e coas ideas moito máis claras en ataque, lograron coller cómodas vantaxes no marcador (7-3, min. 15). Iso permitiulles gañar en confianza, algo que necesitaban.

Pero a medida que avanzaba o choque, aumentaron os problemas en ataque. As nosas erraron lanzamentos claros e noutras oportunidades a súa porteira estivo a un gran nivel, de forma que as castelás remontaron e para chegar ao descanso, un arriba (11-12).

Na reanudación, nervios e dúbidas nas nosas. Nos primeiros catro minutos encaixaron un parcial de 4-1 e puxéronse catro abaixo (12-16). Pero foi o momento no que as galegas sacaron a súa coraxe e, axudadas pola expedición galega na bancada que non deixou de crer nelas, souberon recuperarse. Nos últimos quince minutos o nivel defensivo das nosas foi excepcional, cunha inmensa Marián na portería, e así lograron o triunfo que necesitaban para meterse nos cuartos de final.

Cuartos de final: Mañá, C. Valenciana – Galicia (13:30 horas)

Xuvenil feminino.  Galicia, 33 – Asturias, 21

33. Galicia: Lucía Afonso (3), Patricia Mallo (2), Sabela Miniño (2), Antía Estévez, Antía Seijo (1), Adriana Mallo (2), Carme Castro (2), Marta da Silva (5), Area Martínez, Sara Román (4), María Currás (1), Goretti Miguel, Laura Magdaleno (8), Anastasija Doder, Ithaisa Trigo (3), Adriana Ayude.

21. Asturias: Lucía Alonso, Aída Rodríguez, María Blanco (1), Julia Súarez, Elsa Martín (4), Blanca Sánchez (5), Sofía Pérez (6), Brenda Magali (2), Carla Gomes (1), Zoe González, Sara Vázquez, Alba González, Nerea Solares, Teresa Rodríguez (2).

Árbitros: Raul Oyarzun e Artiz Zaragueta.

Parciais: 2-2, 5-4, 8-5, 12-7, 13-7, 16-9(descanso), 19-10, 22-13, 24-14, 27-16, 29-18, 33-21 (final)

A selección galega xuvenil feminina brillou con luz propia no último partido do grupo para acadar así a súa clasificación como primeira de grupo e chegar ademais cheas de confianza tralos dous últimos encontros xogados.

O partido só estivo igualado nos primeiros dez minutos, nos que Asturias ía aguantando o tipo fronte á confianza e personalidade das galegas. Pero do minuto 10 ao 17, as asturianas encaixaron un parcial de 6-1, que xa poñía moi complicado o choque para elas (11-5, min. 17).

E a partir de aí todo foi más sinxelo, xa que a confianza das rapazas de Carla Abad ía medrando, mentres que o rival minguaba. Ao descanso, 16-9.

O segundo tempo foi un paseo para as galegas, con aportación de todas as xogadoras e de forma especial no aspecto goleador de Laura Magdaleno. Ao remate, 33-21 para Galicia.

Cuartos de final: Mañá, Andalucía – Galicia (13:30 horas)

Cadete masculino: Navarra, 39 – Galicia, 36

39. Navarra: Daniel Lancuza, Pedro José Oloriz, Xabier Fernández (1), Xavier González (6), Tasio Isturiz (2), Guillermo Pérez Zozaya (4), Íñigo Malo, Marco Moreno, David Garayoa (6), Ibai Etxarte, Oier Lezaun, Xubán Ilarregui, Joaquín Saro, Josu Arzoz (8), Ander Izcue (7), Alberto Ramírez (5).

36. Galicia: Martín Fuentes (4), Manuel Barreiro (2), Roberto Castro (4), Julián García (3), Manuel Pérez (2), Jorge López, Pablo Gándara (8), Jorge Domato (3), Rubén Sequeiros (4), Gael Blanco, José Manuel Meira (3), Sergio Blond, Nuno Loxo (2), Daniel Pérez, Adrián Pérez (1), Mateo Díaz.

Árbitros: José Alberto Romero e Enrique Javier Romero.

Parciais: 2-2, 5-5, 6-7, 9-9, 12-12, 17-16 (descanso), 22-20, 25-21, 28-22, 32-26, 35-31, 39-36 (final).

Era un partido diferente, xa que non había nada en xogo para os galegos, que tiñan a primeira praza garantida. Por iso, o seleccionador César Armán optou por dar minutos os que menos xogaron ata agora, de forma que así poderán aportar máis cando sexan necesarios, e ademais tiveron descanso os máis utilizados.

A Galicia costoulle entrar no partido. A defensa navarra 3:3 no medio do campo      atragoóuselle ao comezo, aínda que co paso dos minutos, os galegos foron quen de adaptarse e o partido estivo moi igualado. Ao descanso, 17-16 para Navarra.

Na segunda parte seguiu a mesma tónica: Galicia non era capaz de controlar os 1 por 1 dos navarros, polo que o corpo técnico probou a cambiar a defensa, buscando solucións. Pese ás dificultades, nos minutos finais Galicia tivo opcións de acadar o empate, pero os erros nos lanzamentos dende 6 metros impediron a remontada galega.

Cuartos de final: Mañá, Galicia – Cantabria  (16:00 horas)

Infantil feminino: Galicia, 19 – Cataluña, 20

19. Galicia: Adriana Rial (3), Alba Fernández, Sara Pereira (4), Lucía Castiñeira (1), Yara Pacheco, Nerea Patiño (5), Shaila Fernández (1), Irene Ríos, Naihara Costas (2), Aine Roca (1), Irene Romero, Inés Bernárdez, Lidia Sanda, Iria Augusto, Alejandra Montenegro (1), Leticia Santos (1).

20. Cataluña: Goundo Gassama, María Fernández, Anna Vallve, Mariona Bruach, Julia Gómez, María Jane, Lucía Valencia, Carolina Blasco, Marta Andreu, María Domínguez, Mirei Boter, Julia Gómez, Carlota Muñoz, Daya Fernández,            Judit González, Kadiatou Jallow.

Árbitros: Pablo González e Fernando Lozano.

Parciais: 2-2, 4-4, 5-5, 8-6, 11-8 (descanso), 14-8, 16-9, 17-13, 18-17, 19-20 (final).

O partido comezou moi igualado, con intercambio de goles e de imprecisións. Pero cada erro en ataque era compensado cunha defensa incrible, que as catalás non podían superar. Así, no minuto 15, o resultado era de empate (5-5) e foi a partir dese intre cando as nosas minigalaicas comezaron a gozar na cancha. Non era sinxelo escaparse no marcador, pero elas, como formiguiñas, seguían co seu plan, e pouco a pouco quedaba claro quen mandaba. Aínda así, chegamos ao último minuto con só un tanto de vantaxe, pero foi un minuto máxico.

No 24:14, Galicia gañaba 9-8, o balón era para Cataluña, que pide tempo morto. Pois en esos 46 segundos deu tempo a un ataque catalán con paradón de Irene, ataque de Galicia con gol de Adriana, novo intento das catalás e un roubo con contragolpe rapidísimo das nosas que concreta en gol Nerea Patiño sobre a bucina. 11-8, ao descanso.

E por se fose pouco, na reanudación seguiu o recital galego cun parcial de 4-0. Cataluña tardou 8 minutos en marcar, ante a magnífica defensa das nosas. Así, Galicia logrou poñerse sete tantos arriba. O corpo técnico galego quixo dar minutos a todas as xogadoras, moi importantes nestes momentos do torneo, e todas estiveron a gran nivel. Pero a partir do minuto 10 da segunda metade, Cataluña comezou a recortar distancias pouco a pouco, apertando moito en defensa e cunha porteira moi afortunada. Mentres, as nosas baixaron un pouco a tensión defensiva. Así chegamos ao último minuto cun gol arriba para Cataluña. Nos últimos segundos, Galicia tivo dúas opcións para empatar o partido, pero novamente a meta catalá foi un muro e impediu o empate final.

Cuartos de final: Mañá, Castela a Mancha – Galicia(09:30 horas)

Infantil masculino. Galicia, 18 – C. Valenciana, 21

18. Galicia: Eloy Pérez, Xurxo Fraga (1), Brais Cangado (3), Pablo Veiga, Samuel Seijas, Xulio Fernández (4), Lucas Jiménez, Yago Raimúndez (1), Xoan Fernández (1), Mauro Lago, Erik Vázquez (5), Juan Ramón Villar, Alex Alonso (2), Manuel Lorenzo (1), Nicolás Giráldez, David Failde.

21. C. Valenciana: Carlos R. Ordiñana, Iker Espinosa (1), Hugo Vila (6), Jaume Planlles, Miguel Sánchez (1), Faust Talens (6), Miguel Ángel Morales (1), Mario Cánovas (3), Pablo Rivera (1), Fernando Alcaraz (1), Israel Luis González, Alberto Gallego, David Carreño (1), Martín Carda.

Árbitros: Álvaro López e Roberto Argiz.

Parciais: 1-2, 4-7, 5-9, 6-9, 7-12(descanso),  11-13, 13-16, 14-16, 17-18, 18-21 (final).

Os galegos comezaron un pouco atascados en ataque, situación que foi aproveitada polos valencianos para conseguir ir por diante no marcador, con rendas de 3 e 5 goles.

A segunda metade foi distinta. Os galegos saíron a morder e deixalo todo na cacha e foron remontando pouco a pouco grazas a boas situación de ataque, ata chegar ao 17-16 a favor de Galicia. Nestes minutos, enorme actitude, moi fortes en defensa e buscando alternativas en ataque para superar unha defensa moito máis alta cos nosos. Aí destacou Brais Cangado que facía o que quería entre as torres laranxas.

E despois de facer o máis difícil, chegaron os nervios e os rapaces de Adrián Menduiña deixaron de xogar como estaban a facer, polo que novamente Valencia podía facer goles rápidos, mentres que Galicia non saía do atasco en ataque. Ao final, 18-21 para Valencia e tocaba esperar o resultado do outro partido do grupo para saber se entraban nos cuartos. Asturias gañou e Galicia entrou como terceira de grupo.

Cuartos de final: Mañá, Andalucía – Galicia (09:30 horas)

1 Comment to “ AS SEIS SELECCIÓNS GALEGAS ACADAN O PASE PARA OS CUARTOS DE FINAL DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CANTABRIA”

  1. Your article helped me a lot, is there any more related content? Thanks!

Debes ser identificado introducir un comentario.