AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL MASCULINA E CADETE FEMININA, BRILLANTES SUBCAMPIOAS DE ESPAÑA NO CESA 2023

Rematou o CESA Costa Blanca 2023 con dúas medallas de prata para as seleccións galegas infantil masculina e cadete feminina. Hoxe non puideron vencer nas súas finais pero, a pesar da derrota, o certo é que ambos combinados loitaron dende o minuto 1, sobrepoñéndose aos problemas que ían xurdindo e loitando ata o final por un ouro que acariciaron cos dedos.

Infantil masculina: Galicia, 27 – 29, C. Valenciana

Os minigalaicos son subcampións de España!! Hoxe non puideron lograr o título ante os anfitrións, a Comunidade Valenciana, pero caeron mantendo a súa esencia e a loita ata o final.

Valencia saíu francamente ben, cunha defensa moi intensa que sorprendeu aos galegos. Así, os locais puideron poñerse por diante no marcador dende o inicio e Galicia tivo que remar contracorrente todo o choque (3-6, min. 6). Pero o equipo de Menduiña nunca baixa os brazos. Desta forma, apoiado na defensa, foi remontando ata empatar (10-10, min. 16), pero novamente Valencia aproveitou un par de erros do conxunto galego para volver a poñerse por diante (10-12). E así avanzou o choque ata o descanso, con Galicia traballando moito, pero Valencia firme. Ademais, os minigalaicos fallaron dous 7 metros nesta primeira metade. Ao descanso, 13.15.

O reinicio foi clave. Outra vez saíu mellor Valencia e ampliou a distancia, e  iso, unido a unha dobre exclusión de Galicia, permitiu ao conxunto local  escaparse no marcador (16-22). E o conxunto de Mendu volveu mostrar a súa casta para sortear a dobre exclusión sen demasiados estropicios e comezar a remontada. Foi lenta, complicada, con erros en lanzamentos de 7 metros, pero a falta de 4 minutos logran poñerse a dous tantos (25-27). Reactivados, loitaron ata o final, cunha presión asfixiante, e puxéronse a un gol (27-28), pero unha nova exclusión de Galicia, sumado a bo facer de  Valencia, impediu a remontada galega.

27. Galicia: Hugo Carreira, Christian Ferradás, José Enrique Portas (1), Xurxo Otero, Xoan Canedo (3), Lucas Díaz (2), Martín Vázquez (5), Manuel Souto, Xoel Lago (2), Lois Alonso (3), Luis Martínez (5), Matías Gestido, Marcos Carlón, Saul Fuentefría, Dimitrije Doder (6), Pablo Pardo.

29. C. Valenciana: Agustín Soria, Sergio Causaras, Francisco Molina, Saúl Peinado, Abel Sánchez (7), Iker Sogues (1), Héctor Martín (2), Adrián Tortejada, Gerard Mulet, Arnau Lluch, Héctor Gallardo, Alejandro del Puente, Pablo Martín (4), Mohamed Amin Sadouk, Daniel Berna (4), Alfredo Eiroa (11).

Árbitros: David Montes e Armando Abel Pérez. Excluíron dous minutos aos galegos Xurxo Otero, Lucas Díaz, Martín Vázquez, Xoel Lago (2) e Luis Martínez e aos valencianos Iker Sogues, Arnau Lluch, Pablo Martín e Aldredo Eiroa (2).

Parciais: 3-4, 6-8, 9-10, 11-12, 13-15 (descanso), 16-19, 19-23, 21-25, 24-27, 27-29 (final).

Incidencias: Final do Campionato de España Infantil Masculino, celebrado no Pabellón Colegio San Agustín.

Galicia, subcampioa de España infantil masculina

Cadete feminina: C. Valenciana, 22 – 20, Galicia.

Partidazo da selección cadete feminina, que acadou unha medalla de prata con moi bo sabor. As galegas foron de menos a máis grazas a súa fantástica defensa e tiveron moi preto a medalla de ouro.

O inicio non foi o mellor para as rapazas de Adrián Pumar, un pouco nerviosas e inseguras. A defensa 5:1 de Valencia, moi aberta e presionante, dificultou o ataque galego, que non atopaba situacións claras de lanzamento. Así, as locais lograron escaparse no marcador de cinco tantos (9-4, min. 19).

Aínda que a defensa 6:0 funcionaba ben, Pumar apostou pola 3:3, tratando de sorprender e a verdade foi que deu moi bo resultado. Nos minutos finais da primeira metade, Galicia logrou remontar para chegar ao descanso so dous tantos abaixo e metida no partido.

A segunda parte de Galicia foi de escándalo: Realizou una defensa marabillosa, igual que na primeira, e proba diso foi que so encaixaron 22 goles en todo o partido e sen recibir nin unha exclusión. Pero é que ademais, melloraron en ataque, utilizando o dobre pivote en varia ocasións e con éxito. Así faltou moi pouco para darlle a volta ao marcador. A porteira valenciana estivo a un nivel altísimo e as galegas erraron catro 7 metros e un par de accións moi claras de 6 metros, que foron decisivas no marcador final.

Iso si, campionato de escándalo o das cadetes, que comezaron a competición en Copa e realizando 6 partido de altísimo nivel.

22. C. Valenciana: Sandra Monteagudo (1), Lidia Mañez, Ángela Alpuente (1), Andrea Pérez, Laura Muñoz, Luna Villaescusa, Daniela Aguado (6), Aitana Hernández (2), Ingrid Sofia, Rebeca Secades, Lidia Trinidad (4), Erika Elena (1), Martina Catalá (4), Rosa Ripoll, Andrea Palomero (1), Anastasiya Hvozd (2).

20. Galicia: Carmen Magallanes (1), Leire González, Isis Moreno, Iria López, Ainé Roca (2), Naihara Costas (3), Salma Aakcha, Celia Pérez, Alba Pérez, Paula Diéguez, Uxía Fernández (3), Iria Augusto (4), Alejandra Montenegro (3), Isabel Álvarez, Leticia Santos, Iria Benaches (4).

Árbitros: Roland Sánchez e Josep Millán. Excluíron dous minutos a Aitana Hernández, Lidia Trinidad e Martina Catalá (C. Valenciana).

Parciais: 2-1, 3-2, 6-2, 9-4, 10-5, 10-8 (descanso), 11-11, 15-15, 19-17, 20-18, 21-19, 22-20 (final)

Incidencias: Final do CESA Cadete Feminino, celebrado no Pabellón Pau Gasol

Galicia, subcampioa de España cadete feminina

Infantil feminina: Galicia, 26 – 29, Navarra

A selección galega infantil feminina non puido poñer o broche que quería ao CESA e caeu derrotada ante Navarra, na loita pola quinta posición.

Na primeira metade Galicia tivo moitísimos problemas en defensa. Non era capaz de frear o ataque de Navarra e, ao non estar a un bo nivel defensivo, iso significaba que tampouco podían correr á contra. Así, se chegou ao descanso con 12-15 para Navarra.

Na segunda parte, as minigalaicas xogaron cunha defensa individual que funcionou mellor. Así, tiveron dous balóns para poñerse a só un tanto, pero non acertaron e Navarra acadou a vitoria e a quinta posición no campionato.

26. Galicia: Iria Alonso, Emma Rial (3), Candela Martínez, Gabriela Martins (5), Ana Cancelas, Noa Portela (1), Lorena Ngnipa, Iris Santana (4), Sara Limes (9), Raquel Muñiz (2), Alba del Valle, Leire Brun (2), Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi, Raquel Blanco.

29. Navarra: Sofía Carrera, Kattalin Echegary (2), Alejandra García, Amaia Gorosquieta, Polina, Julia Mendinueta, June Casimiro (1), Irune Arrasate (1), Irene Glaria (15), Sofía Gómez (3), Anne Beloki (4), Leire Romero, Uxuri Anduaga, Uxua Burgui (1), Irune Cilveti, June Iragui (2).

Árbitros: Unai Rudiez e Roberto Ibáñez. Excluíron dous minutos a Candela Martínez, Gabriela Martinz, Lorena Ngnipa e Raquel Muñiz (Galicia) e a June Casimiro e Irune Cilveti, por Navarra.

Parciais: 3-3, 6-5, 7-8, 9-14, 12-15 (descanso), 14-17, 17-21, 20-24, 23-25, 26-29 (final).

Incidencias: Partido correspondente á segunda fase (postos 5º ao 8º) do CESA categoría infantil  feminina, celebrado no Pabellón Pau Gasol.

Galicia infantil feminina, sexta de España.

Cadete masculina: Madrid, 35 – 28, Galicia.

Estraño partido o da selección galega cadete masculina, Galicia foi moi superior na primeira metade, e desapareceu na segunda para rematar na oitava posición do CESA.

O grupo dirixido por César Armán quedou moi golpeado polo sucedido nos dous últimos partidos: A derrota en cuartos contra Catalunya e a de onte ante Aragón, que tamén foi moi similar a de hoxe.

Ante Madrid, Galicia fixo unha moi boa primeira metade, tanto en ataque como en defensa, e logrou alcanzar o descanso con cinco tantos de vantaxe. O complicado de explicar é o que pasou na segunda metade. O conxunto se deixou ir de forma inexplicable e, neste período encaixou máis de 20 goles.

Así, o combinado cadete cumpriu o obxectivo, que era acadar o ascenso de categoría, pero non soubo competir no campionato.

35. Madrid: Alejandro Rodríguez, Alejandro Solanilla (3), Álvaro Ortiz (3), Luis Pablo Diez (5), David Vázquez (3), Alejandro Colón, Darío Aguado (9), Asier Rosado (1), Leonardo Gaitelli (1), Diego Hernández, Fabio Corrales, David Torrehón (4), Oliver Marcos (1), Santiago Méndez, Diego Ruipérez (2), Yago Abad (3).

28. Galicia: Alonso Martínez, Atalo Bello (3), Marcos Suárez, Nicolás Cancela, Yago López, Iván Sánchez, Manuel Hernández (5), Marcos Varela (4), Daniel Periscal (1), Roque Estévez (1), Pablo Pazos (1), Jaime Serrano, Samuel Seijas (6), Henrique Traba (6), Diego Mourelle (1), Adrián Chapela.

Árbitros: David Deniz e Diego Pastoriza. Excluíron dous minutos ao madrileño Yago Abad e aos galegos Marcos Suárez, Marcos Varela (2) e Henrique Traba.

Parciais: 3-2, 5-3, 8-9, 9-13, 9-14, 13-18 (descanso), 18-21, 22-22, 26-24, 29-25, 33-27, 35-28 (final)

Incidencias: Partido correspondente segunda fase (loita polos postos do 3º ao 8º) do  Campionato de España  Cadete Masculina, celebrado no Pabellón Colegio San Agustín.

Galicia, oitavo clasificado no CESA cadete masculino

Xuvenil feminina: Galicia, 27 – 35, Murcia.

A selección galega xuvenil feminina despediuse do CESA 2023 cun frouxo partido, polo que non puido conseguir a medalla de ouro na Copa de España.

O inicio foi malo para Galicia, que non se atopaba cómoda sobre a cancha, nin en ataque nin en defensa e proba diso foi o contundente resultado ao descanso (9-17). Na segunda metade, o conxunto dirixido por Manu López mellorou moito e foi remontando ata poñerse a tres tantos e con varias opcións de situarse a dous goles, pero erraron varias accións claras. No tramo final, Galicia arriscou e Murcia aproveitouno para sentenciar.

27. Galicia: Irene Ríos, Lucía Méndez (6), Ángela Vilaboa, Aroa Fernández (1), Lucía Villamarín (1), Nayara Pereira (2), Yaiza Gil (2), Inés Bernárdez (2), Nerez Patiño (7), Lucía Álvarez (2), Mencía Lorenzo (3), Carla Vidal, Nerea Arias, Lucía Lema, Sara Pereira (1), Iria Sierra.

35. Murcia: Paula Pérez, Mariola Sanches, Natalia Vidal (1), Alicia Martínez (3), Nerea San Martín (13), Alison Domínguez (1), Sara Marín, Claudia Moreno (6), Gisela Torres (5), María Gil, Gina Gallegos, Arancha Martínez, Ana Mondejas (2), Nerea Soto (4).

Árbitros: Nuria Giró e Ona Comino. Excluíron dous minutos Ángela Vilaboa, Aroa Fernández e Mencía Lorenzo (Galicia) e a  Alicia Martínez (Murcia).

Parciais: 2-4, 3-8, 4-10, 7-12, 8-15, 9-17 (descanso), 12-20, 18-23, 19-25, 20-28, 24-33, 27-35 (final).

Incidencias: Final da Copa de España, disputado no Pabellón Maisa Lloret.

Galicia, subcampioa de Copa xuvenil feminina.

Xuvenil masculina: Galicia, 34 – 33, Murcia.

A selección galega xuvenil masculina acadou a medalla de bronce na Copa de España, tras superar a Murcia en un partido moi axustado que se decidiu dende os 7 metros,

Pero non foi o mellor partido dos galaicos, nin moito menos. Foi o típico choque de fin de campionato, ao que chegas sen moitos obxectivos e coas forzas moi xustas. Así, foi un encontro pouco intenso por ambas partes e que estivo bastante axustado na primeira parte. Na segunda, as sensacións melloraron e Galicia logrou escaparse no marcador de ata cinco goles. Pero novamente unha mixta de Madrid e varios erros de Galicia igualaron o choque, que se foi á prórroga e despois aos lanzamentos de 7 metros. Ao final, venceu Galicia con gol de Brais no último lanzamento.

34. Galicia: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (6), Brais Martínez (4), Iago Rivas (3), Pablo Fernández, Alexandre Gallego (2), Denis Iglesias, Senén Garea (3), Xoan Fernández, Carlos Menduiña (6), David Failde, Nuno Loxo (6), Carlos Morales, Juan Rodríguez (3), Manuel Soliño (1).

33. Murcia: José Ramón Jiménez, José Luis Rodríguez, Antonio Torres (15), Ismail Meddich, Iván Jimeno (7), Román Santos, Pablo Armán, Santiago García (1), José García, Germán Montoya, Alberto Martínez (5), Juan Manuel Escudero (3), Antonio Jesús Higueras, Kilian Navarrete (2).

Árbitros: Adrián Simo e Álvaro Padilla. Excluíron dous minutos aos galegos Eduardo Alonso, Alexandre Gallego, Denís Iglesias e  Nuno Loxo e Román Santos e Germán Montoya, por Murcia.

Parciais: 3-2, 5-5, 7-7, 10-9, 12-11, 14-13 (descanso), 19-16, 21-18, 23-20, 23-22, 25-25, 26-26 (final)

Incidencias: Partido polo terceiro posto da Copa de España Xuvenil  Masculina, celebrado no Palau D´Esports Vila D´Altea.

Galicia, bronce na Copa de España xuvenil masculina.

2.721 Comments to “ AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTIL MASCULINA E CADETE FEMININA, BRILLANTES SUBCAMPIOAS DE ESPAÑA NO CESA 2023

  1. Siteniz sayesinde bir�ok konuda bilgi sahibi oldum. Eme�inize sa�l�k, ger�ekten muhte�emsiniz!

  2. Deference to post author, some superb information .

  3. I like this website because so much utile material on here : D.

  4. It is truly a great and useful piece of info. I?¦m satisfied that you just shared this useful info with us. Please keep us up to date like this. Thank you for sharing.

  5. I am glad for writing to make you understand of the incredible discovery my cousin’s princess gained reading your web site. She figured out a lot of pieces, including how it is like to possess an amazing giving spirit to make the rest easily master specified problematic issues. You really did more than people’s expected results. Many thanks for displaying those productive, trustworthy, informative and even easy guidance on this topic to Janet.

  6. Howdy! This post couldn’t be written any better! Reading this post reminds me of my old room mate! He always kept talking about this. I will forward this write-up to him. Fairly certain he will have a good read. Thank you for sharing!

  7. That is the proper blog for anyone who wants to seek out out about this topic. You notice so much its almost laborious to argue with you (not that I really would need…HaHa). You definitely put a brand new spin on a topic thats been written about for years. Great stuff, simply great!

  8. Somebody essentially help to make seriously posts I would state. This is the very first time I frequented your web page and thus far? I surprised with the research you made to create this particular publish incredible. Excellent job!

  9. I have been absent for some time, but now I remember why I used to love this web site. Thanks , I will try and check back more frequently. How frequently you update your site?

  10. I am glad to be a visitor of this stark weblog! , appreciate it for this rare info ! .

  11. Hi! Do you use Twitter? I’d like to follow you if that would be okay. I’m absolutely enjoying your blog and look forward to new updates.

  12. Hola! I’ve been reading your site for a while now and finally got the bravery to go ahead and give you a shout out from Dallas Tx! Just wanted to tell you keep up the fantastic work!

  13. I do agree with all of the ideas you have presented in your post. They’re really convincing and will certainly work. Still, the posts are very short for beginners. Could you please extend them a little from next time? Thanks for the post.

  14. Nice read, I just passed this onto a friend who was doing some research on that. And he actually bought me lunch since I found it for him smile So let me rephrase that: Thank you for lunch!

  15. Great line up. We will be linking to this great article on our site. Keep up the good writing.

  16. Some genuinely nice and useful information on this website, also I conceive the style and design holds good features.

  17. I’ve been exploring for a little for any high-quality articles or blog posts on this sort of area . Exploring in Yahoo I at last stumbled upon this site. Reading this info So i am happy to convey that I’ve an incredibly good uncanny feeling I discovered exactly what I needed. I most certainly will make sure to don’t forget this website and give it a glance regularly.

  18. F*ckin’ remarkable issues here. I am very glad to see your article. Thanks so much and i’m having a look forward to touch you. Will you kindly drop me a mail?

  19. When I originally commented I clicked the -Notify me when new comments are added- checkbox and now each time a comment is added I get four emails with the same comment. Is there any way you can remove me from that service? Thanks!

  20. Wow! This could be one particular of the most helpful blogs We’ve ever arrive across on this subject. Basically Fantastic. I am also an expert in this topic so I can understand your hard work.

  21. I am impressed with this web site, really I am a big fan .

Debes ser identificado introducir un comentario.