As seleccións galegas infantil masculina e cadete feminina disputarán mañá a final do CESA Costa Blanca 2023 co obxectivo de proclamarse campioas de España. Hoxe volveron a amosar a súa calidade e o seu carácter para impoñerse nas semifinais e agora, coa prata no peto, pensan en subir ao máis alto do podio. Ademais, na categoría feminina, triunfos das outras dúas seleccións: A infantil loitará por ser quinta de España, mentres que a xuvenil disputará a final da Copa. No aspecto negativo, as derrotas de Galicia cadete masculino ante Aragón na loita pola quinta posición e do combinado xuvenil masculino ante Madrid, noutro axustado choque.
Infantil masculina: Galicia, 27 – 19, Castela e León
Non podía ser doutra maneira, os minigalaicos metéronse na final do CESA 2023! Unha vez máis amosaron unha madurez incrible na categoría infantil, unha concentración e un traballo defensivo superlativo e unha forza e creatividade en ataque que sorprende. Así, acadaron a clasificación para a final, tras superar de forma clara a Castela e León.
Como cada día, saltaron á pista a comerse ao rival, sen importar o nome do mesmo ou o que estea en xogo. Hoxe era unha semifinal, pero se había nervios, disimularon moi ben. Dende o inicio, Galicia foi por diante, como lle gusta, sen especular o máis mínimo, apabullando ao rival coa multitude de opcións que propón en ataque e esa asfixiante defensa que non deixa pensar.
Así, moi pronto, o marcador era contundente (10-5, min. 15), pero era entón cando mellor se atopaba Galicia na cancha e non houbo relaxación (palabra prohibida para os minigalaicos). A distancia foi medrando ata o descanso, cun gol sobre a sirena case imposible, que resumía o visto no 40×20: 16-8.
O certo é que o encontro xa estaba decidido, pero Galicia saíu igual de forte para evitar sorpresas ou sufrimentos innecesarios. A distancia medrou ata os dez tantos (22-12, min. 8 da segunda metade) e comezaron as rotacións, nun momento no que pesan os partidos nas pernas dos xogadores e aínda falta o último, e máis importante. Houbo minutos e opcións para todos e todos aportaron ao equipo nesta tramo final. Agora, a soñar coa gran final!
27. Galicia: Hugo Carreira, Christian Ferradás, José Enrique Portas, Xurxo Otero (3), Xoan Canedo (2), Lucas Díaz (3), Martín Vázquez (4), Manuel Souto (6), Xoel Lago (6), Lois Alonso, Luis Martínez (1), Matías Gestido (1), Marcos Carlón, Saul Fuentefría, Dimitrije Doder (1), Pablo Pardo.
19. Castela e León: Pedro Benito, Iker López (5), Alejandro Álvarez (1), Jorge Pinilla (2), Asier Calderón, Miguel Camarero (4), Saúl Cuadrado, Diego Pajares, Nicolás Maroto (2), Guillermo Gallego (3), Fran Paino, Juan Ortega (1), Iván Sánchez, Marcos Sánchez (1), Diego Lorenzo, Mario Pérez.
Árbitros: Adrián Aroca e Vlad Virgil. Excluíron dous minutos aos galegos Lucas Díaz e Martín Vázquez e aos madrileños Nicolás Maroto e Juan Ortega.
Parciais: 2-1, 5-2, 10-5, 13-6, 16-8 (descanso), 19-10, 22-12, 23-14, 25-16, 27-19 (final).
Incidencias: Partido correspondente ás semifinais do Campionato de España Infantil Masculino, celebrado no Pabellón Maisa Lloret.
Mañá, Final: Galicia-Comunidade Valenciana (11:00 horas)
Cadete feminina: Andalucía, 24 – 28, Galicia.
A selección galega cadete feminina xogará a final do CESA 2023! Hoxe enfrontouse a un equipazo, Andalucía, que parecía o gran favorito… ata que se atopou con Galicia. Porque estas nenas fixeron un partido de escándalo: Dominaron durante case os 60 minutos, pero cando se complicaron as cousas e Andalucía logrou poñerse por diante no marcador (19-18, min. 42), volveron amosar de que están feitas e tiraron de orgullo, de garra, de corazón e do balonmán que levan dentro.
Foi un partido durísimo, tenso, complicado, pero o equipo galego estaba preparado para iso. Toda a primeira metade foi igualada, pero sempre con Galicia mandando, con esa defensa que é a sinal de identidade deste equipo. Así, con distancias curtas, foi Galicia por diante no marcador para chegar ao descanso dous tantos arriba (13-15). No regreso a pista, chegaron os peores momentos de Galicia. Andalucía apertou moito en defensa, ás galegas costáballes atopar ocos e o partido igualouse tremendamente. Incluso Andalucía logrou poñerse por diante (19-18, min 42). Foi a única vez, porque a reacción das galegas foi espectacular. Tiraron de corazón e de alma para volver poñerse por diante e sufrir, cando había que sufrir. Ademais, a meta Salma respondeu nos momentos verdadeiramente complicados, facendo paradas incribles cando se podía complicar o encontro. Así, con esa intensidade e esas gañas na pista, non podía escaparse a vitoria que coloca a Galicia na final do Campionato de España. Agora? Seguir soñando!
24. Andalucía: Yuliya Klevchuk, Mónica Piñeira (4), María Beltrán (1), Silvia Fernández, Adriana Ordoñez (3), Lucía Selas (1), Sofía Maitena (1), Carmen Fidalgo (7), Sofía Guerrero, Carlota Bravo (1), Ana Sánchez, Candela Bernal, África Antúnez, Elena Valdivia (2), Azahara Artero (4), Rocío Abellán.
28. Galicia: Carmen Magallanes (3), Leire González, Isis Moreno, Iria López (1), Ainé Roca (2), Naihara Costas (8), Salma Aakcha, Celia Pérez, Alba Pérez, Paula Diéguez, Uxía Fernández (6), Iria Augusto (3), Alejandra Montenegro (4), Isabel Álvarez, Leticia Santos, Iria Benaches (1).
Árbitros: Nuria Giro e Ona Comino. Excluíron dous minutos a María Beltrán (Andalucía) e as galegas Isis Moreno, Iria López e Uxía Fernández.
Parciais: 3-3, 6-5, 6-8, 8-11, 11-12, 13-15 (descanso), 16-17, 18-18, 20-20, 20-22, 21-24, 24-28 (final)
Incidencias: Partido correspondente ás semifinais do CESA Cadete Feminino, celebrado no Pabellón Garganes.
Mañá, Final: Comunidade Valenciana – Galicia (11:00 horas).
Infantil feminina: Castela e León, 15 – 26, Galicia
Partido redondo o de hoxe das minigalaicas ante Castela e León. Saíu todo o que estaba previsto e así, coa tranquilidade do traballo ben feito e do marcador a favor, venceron de forma rotunda a Castela e León.
O equipo dirixido por Ana Alonso saíu moi concentrado á pista, como sempre cunha gran intensidade defensiva e nesta ocasión puideron correr a contra e marcar goles sinxelos. Así, as distancias no marcador eran bastante amplas (4-11, min. 20). As galegas só tiveron uns minutos frouxos, os últimos da primeira metade, pero como se mantiña á intensidade defensiva, Castela e León non puido aproveitar para achegarse. Ao descanso, 5-11.
A saída tralo paso por vestiarios foi moi boa e se abriron aínda máis as distancias ata superar os dez goles (8-20, min. 35). Así, o resto do choque foi moi tranquilo, con minutos para todas, que xa pensan no partido de mañá, para ser quintas de España.
15. Castela e León: Carolina García (1), Sara Salceanu, Paula García (2),Sofía Gómez (2), Daniela Pisonero, Paola García, Natalia Iglesias, Nisrin Outhami (2), Ariadne Vargas (1), Claudia Martínez, Isabel García, Eksa Samaniego (2), Henar Salas (1), Marta Galego, Carolina Freire (2), Irene Espinosa (2).
26. Galicia: Iria Alonso, Emma Rial (1), Candela Martínez (3), Gabriela Martins (13), Ana Cancelas, Noa Portela, Lorena Ngnipa (1), Iris Santana (5), Sara Limes (2), Raquel Muñiz, Alba del Valle (1), Leire Brun, Irene Rodríguez, Vera Sierra, Leyre Azurmendi, Raquel Blanco.
Árbitros: Ariana Gutiérrez e Rebeca Baos. Excluíron dous minutos a Carolina García, Paula García (2) e Natalia Iglesias (Castela e León) e a Candela Martínez e Vera Sierra (Galicia).
Parciais: 1-3, 2-4, 4-6, 4-11, 5-11 (descanso), 8-15, 8-20, 12-25, 14-26, 15-26 (final).
Incidencias: Partido correspondente á segunda fase (postos 5º ao 8º) do CESA categoría infantil feminina, celebrado no Pabellón Pau Gasol.
Mañá, loita pola quinta posición: Galicia-Navarra (11:00 horas)
Cadete masculina: Galicia, 31 – 32, Aragón
Unha pena como se lle escapou o partido á selección cadete masculina nos últimos minutos do choque ante Aragón. Os rapaces dirixidos por César Armán fixeron un gran traballo durante case a totalidade do choque: Traballadores en defensa e contundentes en ataque, estiveron por diante e con distancias cómodas durante a primeira metade, mentres que Aragón sufría moito para superar á defensa galega. Ao descanso, 17-12 para Galicia.
Tralo paso por vestiarios é verdade que a distancia non medraba, pero tampouco parecía que Aragón foxe quen de recortar distancias. Ían pasando os minutos e se mantiña esa renda de catro e cinco goles ata os últimos dez minutos, No minuto 50, 27-22, para Galicia. Pero en este tramo final, Galicia pagou moi caras as exclusións, que foron moi ben aproveitadas por Aragón, ademais das enormes paradas do meta aragonés, que se converteu nun muro. Os aragoneses chegaron ao tramo final dous goles arriba (29-31, min. 28), pero o grupo de Armán non se rende. Outra vez, tiraron de casta e lograron empatar a falta de 20 segundos, pero Aragón, cun ataque rápido pillou descolocada á defensa galega e matou o partido.
31. Galicia: Alonso Martínez, Atalo Bello (1), Marcos Suárez, Nicolás Cancela (1), Yago López (7), Iván Sánchez (1), Manuel Hernández (4), Marcos Varela, Daniel Periscal (3), Roque Estévez (1), Pablo Pazos (3), Jaime Serrano (2), Samuel Seijas (6), Henrique Traba (1), Diego Mourelle (1), Adrián Chapela.
32. Aragón: Íñigo Carroquino (3), Marcos López (2), Héctor Seguer, Álvaro Alcaire (4), Hugo Calavia (1), Eduardo Álvarez (1), Víctor Sánchez (3), Isaac Popa, Héctor Senao (7), Adrián Jiménez (7), Juan Gil, Pablo Forcano (1), Juan Martín, Hibson Kolman (3).
Árbitros: Millán Fernández e Diego Ruiz. Excluíron dous minutos aos galegos Nicolás Cancela, Pablo Pazos, Jaime Serrano, Samuel Seijas e Henrique Traba (2) e a Héctor Seguer, Adrián Jiménez e Hibson Kolman, por Aragón.
Parciais: 4-1, 7-6, 9-9, 13-10, 14-10, 17-12 (descanso), 19-14, 21-17, 24-20, 27-22, 28-27, 31-32 (final)
Incidencias: Partido correspondente segunda fase (loita polos postso do 3º ao 8º) do Campionato de España Cadete Masculina, celebrado no Pabellón La Muixara (La Nucia).
Mañá, loita pola sétima posición: Madrid-Galicia (13:00 horas)
Xuvenil feminina: Galicia, 38 – 17, Aragón.
A selección galega xuvenil feminina foi hoxe una apisoadora sobre Aragón para acadar así a clasificación para a final da Copa de España.
Este grupo, despois dos dous primeiros partidos nos que cometeu moitos erros, non deixou de medrar e hoxe foi a culminación. Dende antes de saír do hotel xa se vía nas xogadoras algo diferente e iso trasladouse á pista. Dende o inicio desfrutaron do xogo, cunha moi boa defensa que lles permitiu correr á contra e marcar goles moi rápidos e sinxelos. Antes do descanso o partido xa estaba decidido (17-8, no intermedio), pero as galaicas seguiron xogando a pracer e sumando goles. Todas as xogadoras participaron e aportaron, a portería estivo espectacular e, así, as distancias non deixaban de medrar, mentres que Aragón se afundiu por completo. Os últimos minutos foron un pouco de recheo, pero as nosas non se cansaban de buscar a portería rival, aínda que neste tramo as defensas xa estaban desaparecidas.
Agora, a culminar o traballo na final da Copa de España.
38. Galicia: Irene Ríos, Lucía Méndez (7), Ángela Vilaboa (3), Aroa Fernández, Lucía Villamarín (4), Nayara Pereira (1), Yaiza Gil (1), Inés Bernárdez (2), Nerez Patiño (3), Lucía Álvarez (5), Mencía Lorenzo (3), Carla Vidal (1), Nerea Arias (5), Lucía Lema, Sara Pereira (3), Iria Sierra.
17. Aragón: Emma Llanes, Verónica Hernando (1), Eloisa Escartín (7), Isati Sola (1), María Moreno, Andrea Hernando, Nayla Alos (1), Noah Castillo (1), Verónica Lorente, Victoria Jaques, Laura Genzor, María Usieto, Sarah Barrachina (3), Noa Alconchel, Carmen Sabina (3), Nicxon Clabel.
Árbitros: Jesús Valencia e Carlos Campayo Excluíron dous minutos á galega Mencía Lorenzo e á xogadora Andrea Hernando, de Aragón
Parciais: 4-2, 7-3, 9-5, 12-5, 15-6, 17-8 (descanso), 18-9, 24-11, 26-12, 29-13, 34-15, 38-17 (final).
Incidencias: Partido correspondente ás semifinais da Copa de España, disputado no Pabellón Els Oms (Mutxamel).
Mañá, final Copa: Galicia-Murcia (11:00 horas).
Xuvenil masculina: Madrid, 35- 32, Galicia.
Gran partido da selección galega xuvenil masculina hoxe a pesar da derrota ante Madrid. Unha vez máis, Galicia demostrou orgullo, coraxe e alma e así, a pesar de que estivo por detrás no marcador todo o partido, nunca se rendeu e tivo a opción de empatar o choque.
Foi clave o inicio de Madrid, que saíu cunha marcha más. O conxunto da capital amosou dende o inicio unha velocidade que fixo moito dano a Galicia (12-5) e que provocou o tempo morto de Fernando Vázquez para tratar de frear a sangría. E así foi. Os galaicos comezaron a xogar como saben, tamén con velocidade e cunha boa defensa mixta, e así foron recortando pouco a pouco. Ao descanso, 17-14.
No reinicio, Galicia apertou forte e Madrid comezou a sufrir. Se atascaba en ataque coa gran defensa galega, fantásticamente acompañada por Mateo Pallas en portería. Os nosos tiveron a opción de empatar o choque a falta de 13 minutos, cun 7 metros a favor e con 24-23 no marcador, pero non acertaron e Madrid respirou.
O final foi tremendo, con Galicia envorcada e sen darse por vencida e con Madrid tratando de asegurar a súa vitoria. Agora a pensar no partido de mañá para ser terceiro de Copa e despedirse da competición con bo sabor de boca.
35. Madrid: Lucca Blanco, Fernando González (6), Roberto Cámara, Iván Fernández, Javier Patón (1), Riyad Oulad (1), Víctor Cartagena (3), Alejandro Daza, Óscar Ruiz, Gonzálo López, Pablo Olmo, Óscar Moreno (8), Ibai Carrasco (2), Anthony Pinto (2), Ignacio Domingo (11), Marcos Torres (1).
32. Galicia: Mateo Pallas, Eduardo Alonso (3), Brais Martínez (3), Iago Rivas, Pablo Fernández (4), Alexandre Gallego (2), Denis Iglesias (3), Senén Garea (2), Xoan Fernández, Carlos Menduiña (3), David Failde, Nuno Loxo, Carlos Morales (3), Juan Rodríguez (6), Manuel Soliño (3).
Árbitros: Álvaro López e Roberto Argiz. Excluíron dous minutos a Fernando González (Madrid) e aos galegos Denís Iglesias e Juan Rodríguez (3, descualificado en el minuto 59:01).
Parciais: 3-1, 7-3, 10-5, 14-7, 16-11, 17-14 (descanso), 21-16, 22-18, 24-22, 28-25, 31-29, 35-32 (final)
Incidencias: Partido correspondente ás semifinais da Copa de España Xuvenil Masculina, celebrado no Pabellón Els Oms (Mutxamel).
Mañá, loita pola terceira praza na Copa: Galicia-Murcia (09:00 horas).
farmaci senza ricetta elenco п»їFarmacia online migliore top farmacia online
farmacia online 24 horas: farmacias online seguras – farmacia barata
pharmacie en ligne avec ordonnance: Pharmacie Internationale en ligne – Achat mГ©dicament en ligne fiable
pharmacie en ligne fiable: Achat mГ©dicament en ligne fiable – pharmacie en ligne france pas cher
Farmacia online miglior prezzo Farmacie on line spedizione gratuita farmaci senza ricetta elenco
farmacia online barata: farmacia online barata – farmacia online barata y fiable
comprare farmaci online all’estero farmacia online piГ№ conveniente Farmacie on line spedizione gratuita
online apotheke deutschland: günstigste online apotheke – online apotheke deutschland
farmacias online seguras: farmacias online seguras en espaГ±a – п»їfarmacia online espaГ±a
pharmacie en ligne france fiable: pharmacie en ligne sans ordonnance – Achat médicament en ligne fiable
farmacia online senza ricetta comprare farmaci online all’estero farmacie online autorizzate elenco
Farmacie on line spedizione gratuita: farmacia online piГ№ conveniente – comprare farmaci online con ricetta
medikamente rezeptfrei: online apotheke versandkostenfrei – apotheke online
online apotheke deutschland: apotheke online – online apotheke preisvergleich
farmacia online envГo gratis: farmacia en casa online descuento – farmacia online envГo gratis
farmacia online acquistare farmaci senza ricetta acquisto farmaci con ricetta
farmacia online 24 horas: farmacias online seguras – farmacias online baratas
https://euapothekeohnerezept.com/# online apotheke versandkostenfrei
farmacias online seguras en españa: farmacia online envÃo gratis – farmacia barata
pharmacie en ligne france pas cher: trouver un mГ©dicament en pharmacie – pharmacie en ligne france pas cher
pharmacie en ligne fiable: pharmacie en ligne – pharmacie en ligne france livraison internationale
п»їpharmacie en ligne france: Levitra acheter – acheter mГ©dicament en ligne sans ordonnance
pharmacie en ligne france livraison belgique: Levitra pharmacie en ligne – pharmacie en ligne fiable
pharmacie en ligne avec ordonnance: acheter kamagra site fiable – pharmacie en ligne france livraison belgique
pharmacie en ligne france livraison internationale: pharmacie en ligne france fiable – acheter mГ©dicament en ligne sans ordonnance
Viagra prix pharmacie paris viagra en ligne Viagra pas cher inde
acheter mГ©dicament en ligne sans ordonnance: Levitra 20mg prix en pharmacie – Achat mГ©dicament en ligne fiable
pharmacie en ligne france livraison belgique: pharmacie en ligne pas cher – pharmacies en ligne certifiГ©es
pharmacies en ligne certifiГ©es: Acheter Cialis – pharmacie en ligne avec ordonnance
pharmacie en ligne france livraison belgique: pharmacie en ligne sans ordonnance – pharmacie en ligne france fiable
Hello!
This post was created with XRumer 23 StrongAI.
Good luck 🙂
Viagra pas cher livraison rapide france: Viagra sans ordonnance 24h – Viagra sans ordonnance 24h Amazon
pharmacie en ligne: kamagra oral jelly – pharmacie en ligne fiable
Hello.
This post was created with XRumer 23 StrongAI.
Good luck 🙂
pharmacie en ligne pas cher: pharmacie en ligne – acheter mГ©dicament en ligne sans ordonnance
acheter mГ©dicament en ligne sans ordonnance: Levitra sans ordonnance 24h – pharmacie en ligne france livraison internationale
pharmacie en ligne livraison europe: cialis sans ordonnance – pharmacie en ligne sans ordonnance
vente de mГ©dicament en ligne: Pharmacie sans ordonnance – pharmacie en ligne livraison europe
Viagra pas cher livraison rapide france: Sildenafil teva 100 mg sans ordonnance – Viagra vente libre pays
pharmacie en ligne: kamagra en ligne – pharmacie en ligne pas cher
Viagra gГ©nГ©rique sans ordonnance en pharmacie: viagra en ligne – Viagra homme prix en pharmacie sans ordonnance
Viagra pas cher livraison rapide france: Viagra generique en pharmacie – Viagra homme prix en pharmacie
pharmacie en ligne avec ordonnance: pharmacie en ligne sans ordonnance – pharmacie en ligne avec ordonnance
pharmacie en ligne france pas cher: Pharmacies en ligne certifiees – п»їpharmacie en ligne france
Viagra sans ordonnance 24h suisse: Viagra generique en pharmacie – Viagra gГ©nГ©rique sans ordonnance en pharmacie
Achat mГ©dicament en ligne fiable: kamagra livraison 24h – pharmacie en ligne france pas cher
п»їpharmacie en ligne france: Levitra sans ordonnance 24h – pharmacie en ligne france livraison belgique
Prix du Viagra 100mg en France: Viagra pas cher inde – Prix du Viagra en pharmacie en France
pharmacies en ligne certifiГ©es: pharmacie en ligne – pharmacie en ligne france livraison belgique
pharmacie en ligne france livraison internationale: Acheter Cialis 20 mg pas cher – pharmacie en ligne livraison europe