A Federación Galega de Balonmán informa que xa están definidos os grupos do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026, que se celebrará en Cataluña do 3 ao 8 de xaneiro de 2026.
O sorteo realizouse o 24 de novembro de 2025 na sede da Real Federación Española de Balonmano e, un ano máis, Galicia competirá coas súas seleccións infantil, cadete e xuvenil, feminina e masculina, nun dos eventos estatais máis relevantes do balonmán base.
Esta edición do CESA supón tamén a primeira competición de carácter oficial para os novos corpos técnicos das seleccións galegas, logo das incorporacións anunciadas recentemente e da continuidade do proxecto deportivo baixo a coordinación de Rubén González, responsable da área técnica feminina e masculina.
Recordamos os corpos técnicos das seleccións galegas para o CESA 2026
Infantil Feminina
- Seleccionador: Víctor Garrido
- Adestradora: Inés Hernández
- Delegado: Alberto Rodríguez
Infantil Masculina
- Seleccionador: Adrián Menduíña
- Adestrador: Carlos Rodríguez
- Delegada: Lucía Pérez
Cadete Feminina
- Seleccionador: José Luis Predeira “Budi”
- Adestrador: Paco Aguiar
- Delegada: Andrea Abad
Cadete Masculina
- Seleccionadora: Carla Abad
- Adestrador: Gerard Conill
- Delegada: Nerea Bouzón
Xuvenil Feminina
- Seleccionador: Ismael Martínez
- Adestrador: Anxo Otero
- Delegada: Alejandra Montenegro
Xuvenil Masculina
- Seleccionador: Luis Montes
- Adestrador: David Iglesias
- Delegado: Manuel Montes
Un CESA que reforza o crecemento do balonmán galego
Con xogadores e xogadoras procedentes de máis de 20 concellos galegos, o CESA continúa a ser unha plataforma fundamental para o desenvolvemento do talento, a convivencia deportiva e a proxección do balonmán galego a nivel estatal.
Dende a Federación Galega de Balonmán animamos a familias, afeccións e clubs a acompañar e apoiar ás nosas seleccións nun novo reto que afrontan con ilusión, traballo e ambición competitiva.
Consulta os grupos de cada selección
A continuación, deixamos as imaxes correspondentes aos grupos do CESA 2026 para cada categoría, coas que se poderá ver con detalle os rivais de Galicia nesta primeira fase.









