ASMUBAL MEAÑO BUSCARÁ O ASCENSO A PRIMEIRA NACIONAL EN CASA E O BM CULLEREDO XOGARÁ EN OVIEDO

Aquitania Asmubal Meaño celebrará a fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina en casa do 4 ao 6 de xuño, mentres que o BM Culleredo xogará en Oviedo.

En Meaño xogarase o sector A con Aquitania Asmubal Meaño (1º Galicia), Grupo Astur (2º Asturias), Serigrafías Cucas Realejos (1º Canarias) e Txikipolit Zarautz Zke (2º Euskadi), mentres que o sector B, que se celebrará en Oviedo, contará con Autocenter Ppdo BM Vetusta (1º Asturias), BM Culleredo (2º Galicia), SD Lagunak (1º Navarra) e Liberbank Sinfin (1º Cantabria).

Vai adxunto o documento coa composición de todos os grupos de ascenso.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.