There is nothing to show here!
Slider with alias blog-slider-bigger not found.
O domingo 26 de decembro, o Pavillón Municipal de Pontevedra acollerá a segunda edición do All Star Mixto FGBm Xacobeo 2122, evento co que o balonmán galego despedirá o ano 2021. Nesta segunda edición, a Federación Galega da un pasiño máis, xa que ao evento deportivo sumou un evento cultural:  A participación do grupo galego
Os días 22 e 23 de decembro as seleccións galegas celebrarán unha concentración en Mondariz para continuar coa súa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais 2022. A concentracion celebrarase no Hotel Cemar de Mondariz Balneario e os adestramentos realizaranse no Pavillón de Mondariz e o Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas. IMPORTANTE: Tódolos xogadores
Nova sesión de traballo preparatoria do CESA 2022 da selección galega xuvenil masculina. O combinado dirixido por Fernando Vázquez adestrará o domingo 19 de decembro (16:30 horas) no Pavillón do Gatañal, en Cangas do Morrazo. A continuación tedes a convocatoria da selección galega.  
As seleccións galegas cadete masculina e infantil feminina participarán no I Torneo Internacional de Seleccións Rexionais Cidade de Maia 2021, que se celebrará esta fin de semana (18 e 19 de decembro) na cidade de Maia (Portugal). Todos os xogadores e xogadoras para poder viaxar deben ter toda a documentación en regra. Ademais dos documentos

AXUDAS DGAN 2021: LISTAXE PROVISIONAL

A Fundación Deporte Galego publicou na páxina web https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/listaxe-provisional-axudas-dgan-2021 a Listaxe provisional de solicitudes admitidas, con documentación incompleta e que non cumpren co apartado 3 (Persoas Beneficiarias), da Convocatoria de Axudas a Deportistas de Alto Nivel “Axudas DGAN 2021”. No caso das solicitudes pendentes de documentación, terán ata o xoves 23 de decembro para poder presentar os documentos requiridos accedendo á Carpeta
Xa estamos nas últimas semanas de preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, CESA 2022 e o traballo é cada vez máis intenso. Os corpos técnicos das nosas seleccións queren aproveitar a longa Ponte da Constitución para adestrar e xogar. Desta forma as nosas seleccións están concentradas dende hoxe sábado 4 ata o luns
Continuamos coa preparación para o Campionato de España de Seleccións Territorias (CESA) 2022. Esta fin de semana será a quenda das nosas seleccións xuvenís (masculina e feminina) que adestrarán o domingo 28 de novembro no Pavillón A Marisma de Redondela. DATA: 28 de novembro LUGAR: Pavillón A MARISMA (REDONDELA) SELECCIÓN GALEGA XUVENIL MASCULINA: 17:00 – 19:00 h. SELECCIÓN
Conseguido! O equipo de balonmán feminino da Universidade de Vigo proclamouse hoxe campión de España Universitario tras vencer nun partido case perfecto á Universidade de Castela a Mancha (37-28). As rapazas dirixidas por Abel Estévez e Isma Martínez estiveron moi sólidas dende o inicio, cunha gran defensa e unha enorme efectividade en ataque, o que
Esta fin de semana (20 e 21 de novembro) as nosas seleccións infantís (masculina e feminina), cadetes (masculina e feminina) e xuvenil masculina estarán concentradas en Mondariz para seguir coa preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais que se celebrará a comezos do ano 2022 en Murcia. Os nosos combinados estará aloxados no Hotel
Os xogadores galegos Samuel Seijas (BM Culleredo) e Nicolás Giráldez (BM Porriño) foron convocados para formar parte do equipo nacional promesas masculino que disputará o Torneo Internacional IV Nacións do 13 ao 18 de decembro en Toledo. A Xeración 2006/07 estréase a nivel internacional ás ordes de Daniel Sánchez-Nieves nun torneo que medirá ao combinado