Xa temos gañadores da primeira Final Four da tempada 2022/23! O BM Porriño (feminino) e o Cisne Colegio Los Sauces (masculino) proclamáronse hoxe, no Pavillón da Sangriña (A Guarda), campións e acadaron así unha praza para a disputa dos sectores nacionais.
Categoría feminina
Na categoría feminina a sorpresa chegou na primeira semifinal, cando a SAR Rodavigo eliminou ao equipo organizador, o Mecalia Atlético Guardés (27:33), e logrou clasificarse para a final. Na segunda semifinal, o BM Porriño non deu opción ao Xiria, e nun partido moi serio logrou a clasificación (27:21).
Así, a final foi BM Porriño-SAR Rodavigo e o partido descorreu moi igualado durante a primeira metade. Ao descanso, 13:11. Na segunda parte, o equipo dirixido por Gabri Isidro logrou aumentar a distancia a 4-5 goles e a mantivo ata o remate (29:25). Partidazo de Lucía Méndez, con 13 goles.
Na loita pola terceira posición da Final Four, impúxose o Mecalia Atlético Guardés ao Hierros Varela Urbieta Xiria.
Categoría masculina
O Cisne Colegio los Sauces superou na semifinal ao UPI Informática Lalín (29:22), mentres que o BM Porriño eliminou ao Als Xiria A (25:19). Desta forma, ambos conxuntos quedaron emprazados para a gran final, na que nos depararon un partido dunha calidade excepcional. Na primeira metade, controlou o partido e o marcador o BM Porriño, pero tralo descanso chegou a remontada pontevedresa. O Cisne empatou o partido no minuto 39 e a partir de aí logrou poñerse por diante no marcador para finalizar cunha vantaxe de catro goles (23:27).
Na loita pola terceira praza, vitoria do Als Xiria A, fronte ao BM Lalín.
Sight Care reviews
Dentavim
Dentavim reviews
Pretty section of content. I just stumbled upon your weblog and in accession capital to assert that I get actually enjoyed account your blog posts. Anyway I’ll be subscribing to your feeds and even I achievement you access consistently fast.