Carme Castro e Adriana Mallo, convocadas coas Guerreiras xuvenís para o Torneo Scandibérico

As xogadoras galegas Carme Castro (BM Porriño) e Adriana Mallo (AD Carballal) foron convocadas para formar parte da selección española xuvenil feminina, que disputará o Torneo Scandibérico en Noruega.

As xogadoras están citadas o domingo 17 de novembro na estación de Atocha (Madrid) para viaxar dende alí en dirección a Granada, xa que estarán concentradas no Centro de Alto Rendemento de Sierra Nevada ata o día 21 no que partirán cara a Oslo.

O Torneo Scandibérico disputarase os días 22, 23 e 24 de novembro e no mesmo participarán España, Portugal, Suecia e Noruega.

No documento adxunto tedes a convocatoria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *