SUSPENDIDAS AS COMPETICIÓNS DO 21 DE DECEMBRO DA FGBM POLA ALERTA METEOROLÓXICA

A Federación Galega de Balonmán decidiu suspender as competicións autonómicas e provinciais do sábado 21 de decembro, ante o anuncio realizado pola Xunta de Galicia de alerta dun temporal costeiro de nivel vermello e a recomendación da Secretaría Xeral para o Deporte de suspender as competicións deportivas.

O obxectivo desta medida é protexer tanto aos deportistas, adestradores/as, árbitros/as e afeccionados, principalmente nos seus desprazamentos, xa que anuncian ventos moi fortes durante toda a xornada do sábado.

Ademais de toda a competición do sábado, tamén se suspenden os partidos do domingo 22 do Camariñas correspondentes a segunda autonómica masculina (BM Camariñas Conservas Boya- BM Moaña), segunda xuvenil masculina (BM Camariñas Conservas Boya- Carnes do Ribeiro) e segunda infantil masculina (BM Camariñas JJ Chicolino-Abegondo F40)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *