As Escolas Deportivas da Deputación tiveron hoxe o broche de ouro coa celebración en Vigo do Día do Balonmán na Rúa, no que se reuniron preto de 2.000 asistentes nunha xornada de deporte e lecer. Ademais este ano o Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra 2019 foi un dos protagonistas desta festa do balonmán, xa que dentro de menos de dous meses estaremos celebrando este gran evento en Galicia.
Durante a duodécima edición do Balonmán na Rúa os case 150 equipos inscritos disputaron 300 partidos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín (mixto) e infantil masculino e feminino nos 11 campos dispostos ao longo da rúa Areal. Hai que destacar a colaboración das e dos árbitros galegos que, como todos os anos, participaron neste evento de forma totalmente desinteresada, sumándose así a esta festa do balonmán base.
Ao finalizar a competición celebrouse o acto de clausura no que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, entregaron medallas conmemorativas a todas e todos os xogadores participantes no Balonmán na Rúa. E para rematar, a actuación musical de Dani Barreiro&Friends, na que se implicou ao máximo Abel Caballero, que subiu ao escenario.
Noraboa a tod@s!
Debes ser identificado introducir un comentario.