BRUNO LÓPEZ, REELIXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

Bruno López Molina foi reelixido presidente da Federación Galega de Balonmán na asemblea xeral  celebrada esta tarde no salón de actos da Casa do Deporte. Na asemblea tamén foron elixidos varios membros da Comisión Delegada.

A de Bruno López era a única candidatura presentada, polo que foi reelixido como presidente pola asemblea. Posteriormente, procedeuse a elección dos membros da comisión delegada: Víctor Rivera (xuíces e árbitr@s); Ana Aloso (xogador@s); Anxo Otero no estamento de adestradores e SAR, Xiria, Bueu e Cañiza, no estamento de clubs.

A reunión finalizou coa intervención do presidente electo, quen comezou agradecendo a todos e todas “estes tres anos e 11 meses que para min foron un máster a nivel persoal e profesional. Quero dar as grazas á xunta directiva, a todos os traballadores e traballadoras da Federación e a todos los clubs, colectivo arbitral, adestradores…, porque foron tres anos moi difíciles os que nos tocaron vivir”. Bruno López destacou que “nos quedan catro anos para seguir crecendo. Temos proxectos importantes que esperamos poder ir presentando pouco a pouco”. E finalizou destacando que “estamos orgullosísimos de representar ao balonmán galego”.

251 Comments to “ BRUNO LÓPEZ, REELIXIDO PRESIDENTE DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

  1. JamesRoyal dice:

    Abortion pills online: cytotec best price – п»їcytotec pills online

Debes ser identificado introducir un comentario.