CANGAS ABRE CON ÉXITO A TERCEIRA EDICIÓN DA COPA 5X5 DE BALONMÁN NA RÚA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

O Paseo Marítimo de Cangas reuniu durante tres días a centos de nenos e nenas nunha gran festa do balonmán que deu o pistoletazo de saída ao circuíto 2026.

A Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra pechou este domingo en Cangas a súa primeira parada da tempada 2026, confirmando, unha vez máis, o éxito dun formato que continúa medrando ano tras ano e que converte as rúas e espazos públicos da provincia en auténticas pistas de balonmán.Durante tres días, do 11 ao 13 de setembro, o Paseo Marítimo de Cangas encheuse de balonmán, deporte e convivencia, coa participación de numerosos equipos das categorías benxamín e alevín, que volveron ser os grandes protagonistas desta terceira edición do circuíto.

UNHA FIN DE SEMANA DE BALONMÁN, DIVERSIÓN E CONVIVENCIA

A primeira sede da Copa 5×5 volveu demostrar o gran recibimento que ten esta iniciativa entre clubs, familias e afección. Centos de nenos e nenas desfrutaron dun formato dinámico e pensado para achegar o balonmán a todos os públicos, nun escenario privilexiado xunto ao mar e no corazón de Cangas.Ao longo da competición viviuse un magnífico ambiente tanto dentro como fóra da pista, convertendo cada encontro nun espazo de convivencia, compañeirismo e promoción dos valores do deporte.

O CIRCUÍTO CONTINÚA O SEU CAMIÑO

Con esta primeira parada, a Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra inicia oficialmente o seu percorrido pola provincia.Tras o éxito de Cangas, o circuíto continuará nas próximas semanas coa súa segunda parada en Poio, antes de rematar en Vigo, sede que acollerá a gran sede final da edición 2026.A Federación Galega de Balonmán anima a todas as familias e aos clubs da provincia a seguir participando nas próximas citas dun proxecto que continúa consolidándose como unha das grandes iniciativas de promoción do balonmán base en Galicia.

GRAZAS POR FACER POSIBLE UNHA NOVA EDICIÓN

Desde a Federación Galega de Balonmán queremos agradecer especialmente o apoio e a implicación da Deputación de Pontevedra, e neste caso a colaboración do Concello de Cangas e de todas as persoas e entidades que fixeron posible esta actividade.O noso agradecemento tamén vai dirixido aos clubs participantes, ás familias, ao colectivo arbitral, ao persoal de organización e a todas as persoas que se achegaron ao Paseo Marítimo de Cangas para vivir e compartir esta primeira gran cita da Copa 5×5 de Balonmán na Rúa Deputación de Pontevedra 2026.Poio será a seguinte parada dun circuíto que continúa levando o balonmán ás rúas da provincia e achegando este deporte aos máis pequenos e pequenas nun formato aberto, dinámico e pensado para desfrutar en familia.