ESTA FIN DE SEMANA, CONCENTRACIÓNS DAS SELECCIÓNS GALEGAS EN MONDARIZ

As nosas seleccións continúan o traballo de preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se celebrará en Murcia a comezos do ano 2022. Desta forma, esta fin de semana, as seleccións infantís masculina e feminina; as cadetes masculina e feminina e a xuvenil feminina, estarán concentradas no hotel CEMAR de Mondariz Balneario e realizarán os adestramentos no pavillón de Mondariz e no pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.


IMPORTANTE:* Tódolos xogadores e xogadoras adestrarán coa MÁSCARA OFICIAL. Os/as xogadores/as  terán que pasar un TEST-COVID á chegada da concentración.

* Achégase documento de AUTORIZACIÓN paterna/materna que deberá entregarse á chegada ao primeiro adestramento xunto co DNI en vigor e a TARXETA SANITARIA (sen estes documentos non poderán adestrar).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *