O pasado día 1 de setembro celebrouse en Lalín o stage arbitral de pretempada para o colectivo arbitral galego. Probas físicas e médicas, test de actualización do regulamento, charlas de formación… E un magnífico ambiente xa pensando na nova tempada que estamos a comezar! Imos!!!
Etiquetado bajo:
Esta fin de semana (6, 7 e 8 de setembro) comeza a tempada coa celebración das eliminatorias de ascenso á División de Honra Galega das categorías cadete e infantil masculina e feminina e xuvenil masculina. En total serán cinco categorías, vinte grupos e catorce sedes diferentes, e moita emoción e nervios entre as e os participantes,
Etiquetado bajo: , , ,
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas logrou proclamarse hoxe en Lalín vencedor da Copa Galicia masculina 2019, despois de ganar na final ao Cisne Colegio Los Sauces. Foi un choque moi disputado e competido, no que o conxunto pontevedrés deu a cara ata o final. O partido comezou moi igualado, con goles alternos en ambas porterías
Frigoríficos do Morrazo BM Cangas e Club Cisne Colegio Los Sauces tentarán mañá 1 de setembro (20:00 horas, TVG-2) acadar o título na Copa Galicia 2019. Ambos conxuntos venceron hoxe en Lalín nas súas respectivas semifinais, en dous competidos e fermosos partidos. A primeira das semifinais enfrontou a BM Cangas e Rodosa BM Chapela, con
A arbitraxe galega celebrará tamén en Lalín o seu stage de pretempada Lalín acollerá esta fin de semana (31 de agosto e 1 de setembro)  a fase final da Copa Galicia Masculina, coa participación de Frigoríficos do Morrazo, Teucro, Cisne e Balonmán Chapela. A final, que se celebrará o domingo (20:00 horas), será retransmitida pola
A xogadora do Conservas Orbe Porriño disputará co conxunto nacional dous encontros amistosos fronte a selección de Francia O seleccionador español Imanol Álvarez ofreceu a lista das xogadoras en idade júnior, que foron convocadas para a disputa dun dobre compromiso fronte a selección gala os días 27 e 28 de setembro en Francia. Nesta convocatoria
Hoxe 21 de agosto comezan a disputarse os cuartos de final da Copa Galicia masculina, co partido Luceros – Frigoríficos do Morrazo (20:00 horas, O Gatañal). O día 24 de agosto (18:30 horas) xogarase o choque Carnes do Ribeiro – Cisne Colegio Los Sauces en O Consello, mentres que o 26 de agosto (21:00 horas)

INSCRICIÓN EQUIPOS TEMPADA 2019/20

A nova tempada está a piques de comezar e chega o momento da inscrición dos equipos que van participar na tempada 2019/20. Os clubs deberán inscribir aos equipos ata o 22 de agosto de 2019, nas categorías que a continuación se relacionan: – 1ª AUTONÓMICA MASCULINA / FEMININA – 2ª AUTONÓMICA MASCULINA / FEMENINA – DIVISIÓN HONRA XUVENIL MASCULINA
A Copa Galicia masculina 2019 comeza hoxe 13 de agosto (20:30 horas) coa disputa na Cañiza do primeiro partido dos oitavos de final, que enfrontará ao BM Cañiza co Condes de Albarei Teucro. Para o conxunto local este choque é histórico, xa que será a primeira vez que o Condes de Albarei Teucro visite en
Etiquetado bajo: ,
O Mundial Júnior de Vigo e Pontevedra chegou ao seu fin. Despois de dúas semanas de moitos partidos, nervios e emoción, ao domingo 28 celebramos a loita polas medallas no pavillón das Travesas de Vigo. O título foi para unha Francia superior, mentres que Croacia alcanzou a prata e Exipto, o bronce. Tamén hai que