CATRO GALEGOS, CONVOCADOS PARA O CAMPIONATO DO MEDITERRÁNEO 2020

Os galegos Pablo González (AD Carballal), Carlos Álvarez (Cisne), Dani Virulegio (Cisne) e Juan Enrique Lago (C.B. Lalín) foron convocados para o Campionato do Mediterráneo 2020, que se celebrará do 17 ao 22 de febreiro en Grecia.

O seleccionador Javier Fernández citou aos mozos o 13 de febreiro en Madrid, para preparar o torneo en Alcalá de Henares ata o 16 de febreiro, data na que se trasladarán a Grecia. Entre os rivais destacan Grecia, Croacia, Exipto, Montenegro, Romanía, Túnez ou Serbia.

Noraboa a todos!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *