SORTEO 2ª FASE XUVENIL MASCULINA E FEMININA (LIGA FGBM OURO)

Hoxe realizouse o sorteo da 2ª Fase da competición 20-21 nas categorías xuvenil masculina e xuvenil feminina para os equipos que desexan pelexar pola clasificación para os sectores nacionais plantexados pola RFEBM.


O formato da Liga FGBm Ouro, que da dereito á pelexa pola clasificación para estas competicións nacionais nas categorías xuvenil masculina e xuvenil feminina, consiste en dous grupos de seis equipos que se enfrontarán no formato de liga a dobre volta. Os dous primeiros clasificarán para unha Final Four (semifinais e final). Esta competición dará comezo a fin de semana do 16 e17 de xaneiro.


Os equipos que non desexan competir pola clasificación para os campionatos de España (Liga FGBm Prata) comezarán a 2ª fase a fin de semana do 23 e 24 de xaneiro de 2021, e no día de mañá coñecerán o resultado so sorteo.

Na seguinte ligazón podedes seguir o sorteo celebrado esta tarde na sede da Federación Galega de Balonmán.



Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *