Comeza o IX Campionato Galego de Balonmán Praia

Esta fin de semana (do 14 ao 16 de xuño) celebrarase o Torneo de Baiona de Balonmán Praia, primeira proba da novena edición do Campionato Galego, organizado pola Federación Galega de Balonmán en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Serán tres días de competición nos catro campos dispostos na praia de Ladeira e con 70 equipos inscritos das categorías alevín (mixta), infantil, cadete, xuvenil e sénior (masculina e feminina), e nos que poderemos gozar cos mellores conxuntos galegos de balonmán praia. Así neste primeiro torneo competirán os campións galegos do pasado ano (como o PTV HandStrand ou Veba Waterfuckers sénior), e iso a pesar de que o curso escolar aínda non rematou, o que afecta á participación das categorías menores. Desta forma, a  categoría con máis participantes será a sénior con 16 equipos na masculina e 7, na feminina.

A de Baiona será a primeira proba do Campionato Galego, que está formado por cinco torneos clasificatorios (Baiona, O Grove, Bueu. A Guarda e Moaña) e a gran final, que se celebrará na praia de Samil en Vigo do 19 ao 21 de xullo. Para poder clasificarse para a fase final, os participantes deberán participar nun mínimo de tres torneos do Galego. A proba de Bueu forma parte do Circuíto 1.000 de Balonmán Praia, polo que tamén poderemos gozar cos mellores equipos españois.

Un ano máis o balonmán praia volverá amosar a súa espectacularidade nos areais da nosa terra e os seguidores poderán gozar dunha especialidade que crece ano a ano tanto en practicantes como en afección.

Ano 2018. Veba Waterfuckers feminino e PTV HandStrand masculino proclamáronse o pasado ano campións galegos de balonmán praia na categoría sénior. A fase final celebrouse na praia Banda do Río de Bueu.

7 Comments to “ Comeza o IX Campionato Galego de Balonmán Praia”

  1. I think this web site holds some real fantastic information for everyone : D.

  2. What Is Kerassentials? Kerassentials is a doctor-formulated oil for healthy skin and nails.

  3. Hey There. I found your weblog the use of msn. That is a very smartly written article. I’ll make sure to bookmark it and return to read more of your helpful information. Thanks for the post. I will definitely return.

  4. Nice post. I was checking continuously this blog and I’m impressed! Extremely useful info particularly the last part 🙂 I care for such info a lot. I was seeking this particular information for a long time. Thank you and good luck.

  5. As a Newbie, I am continuously exploring online for articles that can benefit me. Thank you

  6. Good write-up, I am regular visitor of one’s site, maintain up the nice operate, and It is going to be a regular visitor for a lengthy time.

  7. Your place is valueble for me. Thanks!…

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *