CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA PARA CLUBS

A Deputación de Pontevedra ven de publicar no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra a convocatoria dunha subvención para clubs deportivos sen ánimo de lucro que participen en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2020. O prazo para solicitala finaliza o próximo día 9 de marzo.

Esta convocatoria ten por obxecto regular as axudas destinadas a clubs deportivos sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra para apoiar a súa participación en ligas e competicións oficiais de ámbito inferior a nacional para o ano 2020, convocadas por organismos oficiais ou por federacións deportivas galegas nas modalidades con implantación na provincia de Pontevedra.

Neste enlace tedes toda a información

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *