Daveiga Producción Responsable e a Federación Galega de Balonmán unen os seus camiños a través dun acordo de colaboración que unirá ao Balonmán Galego ás tan famosas Galletas Mariñeiras.
Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán e Rubén González, responsable da área técnica, tiveron a oportunidade de visitar as instalacións de Daveiga Producción Responsable, onde foron recibidos polo seu xerente Xosé Lois Lamazares. Nunha superficie de máis de 2.000 m², os representantes da Federación Galega de Balonmán puideron comprobar o delicado e coidadoso proceso de producción das xa tan afamadas Galletas Mariñeiras, ademáis da gran organización que hai detrás dunha das empresas europeas, segundo o Financial Times, con maior crecemento nos últimos anos.
Bruno López, presidente da Federación Galega de Balonmán, valoraba o acordo: «Daveiga Producción Responsable e a Federación Galega de Balonmán teñen moito en común, quen vexa o cariño e o empeño posto no proceso de producción das Galletas Mariñeiras perfectamente pode realizar un símil cos xogadores e xogadoras de balonmán, detrás dos/as que tamén hai moito traballo e adicación por parte de clubs, familias e federación. A verdade é que estamos tremendamente contentos de unirnos a unha marca que representa un gran producto galego e un modelo empresarial exemplar; as Galletas Mariñeiras e o Balonmán Galego son productos delicatesen!».
Daveiga Producción Responsable elabora unha gran variedade de Galletas Mariñeiras, un producto que se converteu nunha adaptación moderna do «Pan de Barco ou Bizcocho de Barco», unha solución moi antiga dos mariñeiros para conservar o pan nas longas travesías oceánicas, de aí que este producto teña unha longa resistencia e duración na actualidade.
Dende a Federación Galega de Balonmán esperamos que o acordo con Daveiga Producción Responsable teña a mesma evolución e duración que as Galletas Mariñeiras!