Os xogadores do Frigoríficos do Morrazo BM Cangas David Iglesias e Dani Fernández foron convocados para a próxima actividade da selección española, programada do 13 ao 21 de marzo. Será a primeira experiencia para o galego David Iglesias, que estará acompañado polo seu compañeiro Dani Fernández, que xa debutou cos Hispanos en novembro do pasado ano.
O seleccionador nacional Jordi Ribera destacou que David está a facer unha magnífica tempada e afirmou que “está sendo moi importante no rendemento do Cangas. É un lateral esquerdo que demostra bo lanzamento exterior e traballo táctico». Pola súa banda, David asegurou que cando se enterou da chamada da selección sentiu que se estaba a cumprir o seu soño de neno.
Nesta actividade, España disputará dous partidos da Golden League 2022: O primero será en Herning ante Dinamarca o sábado 19 (16:00 h.) e o segundo, en Aarhus, ante Noruega o domingo 20 (13:30 h.).
mexico pharmacies prescription drugs
https://cmqpharma.online/# mexican online pharmacies prescription drugs
mexican rx online