ESTA FIN DE SEMANA AS SELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS E CADETES XOGARÁN UN TORNEO EN PORTUGAL, MENTES QUE AS XUVENÍS ADESTRARÁN EN PORTAS

As seleccións galegas infantís e cadetes (masculinas e femininas) xogarán esta fin de semana (19 e 20 de novembro) o Torneo Internacional de Seleccións Rexionais en Maia e Valongo (Portugal). Este torneo servirá como preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais (CESA) 2023.

Os combinados galegos sairán o sábado 19 pola mañá en autobús en dirección a Portugal. As seleccións galegas masculinas xogarán en Maia (Pavillón Municipal de San Pedro Fins) contra as seleccións de Porto e Aveiro, mentres que as femininas disputarán os seus partidos no Pavillón Municipal de Ermesinde en Valongo e tamén terán como rivais a Porto e de Aveiro.

A continuación, tedes as convocatorias galegas para esta competición.

E non pensedes que as seleccións xuvenís terán a fin de semana de descanso. Os nosos combinados xuvenís terán sesión de adestramento o domingo 20 de novembro (17:00 horas) no Polideportivo de Portas.

A continuación, tedes as convocatorias para dito adestramento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *