ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN A GUARDA A FINAL FOUR XUVENIL MASCULINA E FEMININA

Esta fin de semana (15 e 16 de abril) celebrarase no pavillón da Sangriña as Final Four Xuvenil Masculina e Feminina, nas que se poñen en xogo dúas prazas (unha por categoría) para a disputa do sector nacional. Hoxe celebrouse  a presentación do evento na Casa Consistorial da Guarda, coa participación do alcalde da localidade, Antonio Lomba; o deputado provincial Santos Héctor; a vicepresidenta da Federación Galega, Carla Abad; a vicepresidenta do Club Balonmán Atlético Guardés, Gloria Rodríguez, a edil de Deportes da Guarda, Montse Magallanes e varios representantes do club.

O Mecalia Atlético Guardés, que é o club organizador da Final Four,  participará na competición feminina, xunto a BM Porriño A, SAR Rodavigo e Hierros Varela Urbieta Xiria. A masculina será disputada por BM Porriño, Cisne Colegio Los Sauces, UPI Informática Lalín e Als Xiria. Todos eles buscarán o título da Final Four, que lles dará unha praza no sector nacional, para o que xa están clasificados Carballal e Cangas, campión e subcampión respectivamente da Liga Ouro feminina e o Luceros na masculina, como campión galego.

Un dos atractivos será que o sábado xogarase sobre a pista verde que se monta para o partido estrela de cada xornada na liga Guerreiras Iberdrola. Neste caso, será o Mecalia Atlético Guardés-Costa do Sol Málaga, co que se pechará a xornada sabatina, na que se disputarán as semifinais da Final Four.

O domingo xogaranse os partidos polo terceiro e cuarto posto e as finais: Masculina (16:00) e feminina (18:00). Todo se poderá seguir en directo a través da  canle de youtube da Federación Galega de Balonmán.

O club organizador dispuxo varias actividades paralelas como unha charla con adestradores de elite o domingo pola mañá, espectáculos de danza, música e algunha que outra sorpresa. A entidade quere que todos os participantes leven un bonito recordo desta experiencia, polo que convidou a todos os xogadores e xogadoras, así como aos seus técnicos/as, a presenciar o partido de Liga Guerreiras Iberdrola entre o Guardés e o Málaga. Tamén facilita a cada un deles dúas entradas a un prezo reducido de 5 euros.

Sábado 15 de abril

– 10:30 | Semifinal masculina | Cisne Colegio Los Sauces – UPI Informática Lalín

– 12:30 | Semifinal feminina | SAR Mecalia Atlético Guardés – SAR Rodavigo

– 15:30 | Semifinal feminina | BM Porriño A –   vs Hierros Varela Urbieta Xiria

– 17:15 | Semifinal masculina | BM Porriño – Als Xiria A

Domingo 16 de abril

– 11:00 | Terceiro e cuarto posto masculino

– 13:00 | Terceiro e cuarto posto feminino

– 16:00 | Final masculina

– 18:00 | Final feminina

556 Comments to “ ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE EN A GUARDA A FINAL FOUR XUVENIL MASCULINA E FEMININA”

  1. You really make it appear really easy together with your presentation however I in finding this matter to be really one thing which I believe I would never understand. It sort of feels too complicated and extremely extensive for me. I’m taking a look ahead for your subsequent post, I’ll try to get the hold of it!

  2. Great post, I conceive website owners should larn a lot from this web site its really user friendly.

Debes ser identificado introducir un comentario.