Esta fin de semana (29 e 30 de maio) celebrarase no Pavillón Vila de Noia a Final Four das Ligas Ouro e Prata Infantil Masculina. Hoxe celebrouse na casa consistorial de Carballo o acto de presentación deste evento, coa participación do concelleiro de Deportes, Marcos Trigo; o concelleiro de Turismo, Xosé Regueira, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e o vicepresidente de Escolas Balonmán Xiria, José Antonio Rodríguez.
O sábado celebraranse as semifinais e o domingo disputaranse as finais e a loita pola terceira posición. Na Liga Ouro os clubs participantes son Culleredo Sutenor, Cisne Colegio Los Sauces, Garaysa Xiria e Abegondo F40, que loitarán polo título galego, así como polas tres prazas en xogo para a disputa das fases estatais. Na prata os participantes son Embutidos Lalinense, Carballiño, Club Balonmán Atlántico e Acanor Novás Valinox, que tratarán de acadar o título nesta Liga.
Este será o segundo evento que se celebre en Carballo neste mes de maio, trala organización das Final Four Deputación da Coruña de 1ª Autonómica Masculina e Feminina, e que será a antesala da fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina que se celebrará a vindeira fin de semana. O presidente da Federación Galega destacou o apoio do Concello de Carballo ao balonmán galego e de forma moi especial por parte de Turismo Carballo.
*A continuación tedes a programación da Final Four.
PROGRAMA DO EVENTO
SÁBADO 29 DE MAIO (PAVILLÓN VILA DE NOIA)
SEMIFINAIS LIGA OURO
12:30 Culleredo Sutenor – Cisne Colegio Los Sauces
19:30 Garaysa Xiria – Abegondo F40
SEMIFINAIS LIGA PRATA
16:00 Embutidos Lalinense – Carballiño
17:45 Club Balonmán Atlántico – Acanor Novás Valinox
DOMINGO 30 DE MAIO (PAVILLÓN VILA DE NOIA)
3º E 4º POSTO
11:15 Liga Prata
13:00 Liga Ouro
FINAIS
16:30 Liga Prata
18:15 Liga Ouro
CERIMONIA ENTREGA TROFEOS
20:15
Debes ser identificado introducir un comentario.