ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE NO GATAÑAL A FASE FINAL DA COPA E SUPERCOPA GALICIA 2022

Hoxe celebrouse nunha contorna paradisíaca, xunto a Praia de Menduíña en Cangas, o acto de presentación da Copa e SuperCopa Galicia 2022, que se disputarán no Gatañal do 26 ao 28 de agosto.

No devandito acto estiveron presentes a alcaldesa de Cangas, Victoria Portas; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a deputada provincial Ana María Mejías; a concelleira de Deportes de Moaña, Dolores Chapela; e o presidente en funcións da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, ademais dunha importante representación dos clubs participantes.

Fotos: Pablo Gándara

O presidente en funcións Bruno López recordou que hai dous anos cambiou o formato desta competición, “para poñer en valor o balonmán galego, dando máis visibilidade a esta competición, queríamos crearlle aos xogadores e xogadoras a necesidade de xogar esta fase final, e queríamos darlle cabida aos equipos de autonómica”. E dous anos despois o balance non pode ser máis positivo, xa que “temos claro que a Copa e Supercopa Galicia é a mellor competición do balonmán galego e unha das máis vistosas a nivel nacional”.

Foi un acto no que os clubs e os seus xogadores e xogadoras foron os grandes protagonistas, para presentar unha competición que comezará o venres coa disputa das semifinais da Copa Galicia masculina. En total será dez partidos en tres días e 12 clubs participantes, aínda que o BM Porriño terá tripla presenza, xa que clasificou a tres equipos para a fase final (o masculino e o de División de Honra Prata feminino na Copa e o equipo feminino da Liga Iberdrola na Supercopa Galicia).

Calendario da competición

Venres 26 de agosto

SEMIFINAIS COPA GALICIA MASCULINA

19:00 horas –  UB Lavadores –  BM  Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal

21:00 horas –  Indupor BM Porriño –  Bueu Atlético Balonmán

Sábado 27 de agosto

SEMIFINAIS COPA GALICIA FEMININA

11:00  – Rubensa BM Porriño –  Asmubal Meaño

13:00  – Calvo Xiria  – Oliveira&Faro Saeplast Cañiza

SEMIFINAIS SUPERCOPA GALICIA MASCULINA

17:00 – Cisne Colegio los Sauces – Valinox Novás

19:00 – Frigoríficos do Morrazo – Disiclín BM Lalín

Domingo 28 de agosto

FINAL COPA GALICIA MASCULINA …………………..………11:00

FINAL COPA GALICIA FEMININA ………………………..……..13:00

FINAL SUPERCOPA GALICIA FEMININA

Mecalia Atlético Guardés – Conservas Orbe Rubensa BM Porriño….17:00

FINAL SUPERCOPA GALICIA MASCULINA ……………………19:00

2 Comments to “ ESTA FIN DE SEMANA CELEBRARASE NO GATAÑAL A FASE FINAL DA COPA E SUPERCOPA GALICIA 2022”

  1. I don’t think the title of your article matches the content lol. Just kidding, mainly because I had some doubts after reading the article.

  2. Your article helped me a lot, is there any more related content? Thanks!

Debes ser identificado introducir un comentario.