ESTA FIN DE SEMANA, FINAL FOUR DE PRIMERA AUTONÓMICA MASCULINA E FEMININA EN CULLEREDO

Hoxe tivo lugar a presentación da Final Four de 1ª Autonómica Masculina e Feminina, que se celebra esta fin de semana no Pavillón do Tarrío (Culleredo) e na que os equipos participantes buscarán unha praza para disputar a fase de ascenso. Na presentación estiveron presentes o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o concelleiro de Deportes, Miguel Súarez; o presidente da FGBm, Bruno López; o presidente do BM Culleredo, Anxo Canedo; ademais do coordinador do club e do adestrador do primeiro equipo.

Esta fin de semana celebrarase unha das citas máis importantes da tempada para o balonmán galego: A Final Four de 1ª Autonómica Masculina e Feminina. Os oito equipos participantes loitarán por unha praza na fase de ascenso de cada unha das súas categorías.

Na masculina, Indupor Porriño (2º clasificado en Liga), Acanor Novás (5º), Hospital Capilar Poio Artai (3º) e BM Culleredo (4º) loitarán por vencer a Final Four e lograr a segunda praza na fase de ascenso a Primeira Nacional Masculina (a outra praza xa a ten o campión galego, UB Lavadores).

Na Final Four Feminina, os equipos participantes son: CdeC Lavadores (2º clasificado), BM Tui (vencedor do grupo pola Final Four), Calvo Xiria (3º), Forbe Reconquista de Vigo (4º).  O campión galego foi o Asmubal Meaño e ao remate das Final Four entregaranse os premios do campionato galego en ambas categorías.

Sábado 23

Semifinais sénior Feminina

11:00 horas: CALVO XIRIA – FORBE RECONQUISTA DE VIGO

13:00 horas: CDEC LAVADORES VIGO – CLUBE BALONMAN TUI  

Semifinais sénior masculina

16:00 horas: INDUPOR BM PORRIÑO – ACANOR ATLETICO NOVAS            –            

18:00 horas: HOSPITAL CAPILAR POIO ARTAI – BALONMÁN CULLEREDO

Domingo 24

10:30 horas: 3º e 4º posto – Sénior masculina

 12:30 horas: 3º e 4º posto – Sénior feminina

Finais

16:30 horas: Sénior feminina

18:30 horas: Sénior masculina

20:00 horas: Entrega de trofeos

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *