ESTA FIN DE SEMANA GARDAREMOS UN MINUTO DE SILENCIO EN HONRA DOS FALECIDOS NO NAUFRAXIO DO VILLA DE PITANXO

Esta fin de semana o balonmán galego homenaxeará aos mariñeiros falecidos no naufraxio do Villa de Pitanxo, gardando un minuto de silencio en todos os partidos das diferentes categorías que se celebren en Galicia.

Dende a Federación Galega de Balonmán queremos facer chegar aos familiares e amigos dos falecidos o noso apoio e cariño nestes duros momentos que están a vivir. Unha traxedia que nos deixa sen palabras e volve a golpearnos e recordarnos o arriscado que é o traballo na mar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *