Estela Doiro, na convocatoria das Guerreiras «Obxectivo 2021»

A galega Estela Doiro e as xogadoras do Guardés Carmen Campos e Paulina Pérez foron seleccionadas para formar parte do programa ‘Obxectivo 2021 feminino’, que realizarán unha concentración no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, do 23 ao 30 de xullo.
Este programa deu comezo en setembro da man do corpo técnico da selección absoluta, con Carlos Viver ao fronte. Durante a actividade, as Guerreiras ‘Obxectivo 2021’ exercitaranse desde o día 23 de xullo en sesións de mañá e tarde nas instalacións do Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat, tendo previsto o seu regreso a Barcelona durante a mañá do 30 de xullo.
No documento adxunto tedes a convocatoria.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *