FRIGORÍFICOS DO MORRAZO, CAMPIÓN DA COPA GALICIA 2019

Frigoríficos do Morrazo BM Cangas logrou proclamarse hoxe en Lalín vencedor da Copa Galicia masculina 2019, despois de ganar na final ao Cisne Colegio Los Sauces. Foi un choque moi disputado e competido, no que o conxunto pontevedrés deu a cara ata o final.

Entrega do trofeo ao BM Cangas.

O partido comezou moi igualado, con goles alternos en ambas porterías ata que o Frigoríficos do Morrazo logrou escaparse no marcador cando estaba a punto de cumprirse os primeiros quince minutos de xogo (9-6). O adestrador do Cisne Jabato pediu tempo morto para frear a escapada, pero novamente varias perdas de balón en ataque provocaron rápidos contragolpes e goles sinxelos para o Cangas (12-6). Novo tempo morto e esta vez, o Cisne soubo reaccionar e recortar as distancias e máis cando o conxunto do Morrazo entrou nunha crise en ataque e estivo durante case dez minutos sen marcar (14-11). No último minuto intercambio de golpes e xa co tempo parado, falta a favor do Cisne que converteu de forma maxistral Dani López. Ao descanso 15-12.

Tralo reinicio, novamente se igualaron as forzas, cun Cisne moi intenso que puxo en serios apuros ao equipo dirixido por Nacho Moyano. Tanto, que no minuto 10 veuse obrigado a pedir un tempo morto cando a vantaxe quedara reducida a un tanto (20-19, min. 40). A conversa foi produtiva, porque a partir de aquí o Balonmán Cangas pasou a dominar o choque e logrou escaparse no marcador (27-21, min. 48).

FICHA TÉCNICA

Frigoríficos do Morrazo, 31: Javi Díaz, Filip Vujovic (6), Moisés Simes (3), Brais González, Martín Gayo (2), Rubén Soliño (1), Juan Carlos Quintás, Tihomir Doder (2), David Iglesias (2), Dani Cerqueira (2), Carlos Vilanova, Adrián Menduiña (4), Alen Muratovic (3), Javier Fernández, Mihajlo Mitic (4), Valiantsin Kuran (1) e Pablo Castro (1).

Cisne Colegio Los Sauces, 26: JuanNovas, Alexandre Chan (5), Andrés Pereiro (5), Bruno Vázquez, Miguel Ángel Simón (2), Jorge Villamarín, Javier Vázquez (2), José Leiras (2), Iván Calvo, Álvaro Preciado (4), Pablo Gayoso, David Chapela (4), Daniel López (1), Iago Cuadrado, Daniel Virulegio Niño (1) e Víctor Fernández.

Árbitros: Ábel Juancal e Ángel Mateos (Galicia).

Parciais: 2-2, 4-4, 8-6, 14-7, 14-10, 15-12 (descanso), 17-14, 20-19, 24-20, 27-23, 29-25 e 31-26 (final).

Incidencias: Final da Copa Galicia masculina 2019, disputada no Lalín Arena.Asistiron ao partido o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o alcalde de Lalín, José Crespo; e o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López. Filip Vujovic foi elixido mellor xogador do partido e Javi Díaz, mellor porteiro.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *