GALICIA XA TEN CAMPIÓNS DE BALONMÁN PRAIA

A praia de Ladeira en Baiona foi testigo esta fin de semana da loita polo Campionato Galego de Balonmán Praia. 63 equipos entre as categorías de alevín mixto e sénior tanto feminino como masculino, buscaban na localidade do Val Miñor coroarse como mellores equipos da nosa comunidade.

O venres comezaba a competición cos máis pequenos, deixando abraiada a toda a afección cos seus primeiros 360º e amosando un nivel altísimo. Na categoría alevín mixta conseguían o triunfo as rapazas do BM Cangas, un equipo integramente feminino que campionato tras campionato sempre estivo entre os 3 mellores.

En infantil feminino puidemos gozar dunha competición moi igualada durante todas as probas. O Veba Water quedaba campión tras impoñerse ao BM Cremosso Team B e ás Espartanas SAR na final, sabendo que calquera deles podría facerse co título.

Máis clara foi a vitoria dos infantís masculino, onde os de Veba os da jrada marcaron o ritmo durante todo o campionato. Os precedentes das anteriores probas facíaos favoritos na fase final, e os minis do club non defraudaron, acadando o primeiro posto.

O sábado os máis pequenos dábanlle o relevo as categorías superiores, dende cadetes a sénior. Ladeira viviu unha fin de semana cargada de emoción e bo balonmán praia.

Na categoría cadete, BMP Pescados e BMP PTV HandStrand conseguían o campionato feminino e masculino respectivamente. As de Pescados chegaban a final con soltura, máis nesta as Merengue Cremosso SAR non llo puxeron nada sinxelo e na morte súbita dos shoot outs conseguían a vitoria. Pola outra banda os cadetes do PTV HandStrand guíaban na senda da victoria ás categorías superiores do club, conseguindo o primeiro título da fase final e amosando un nivel espectacular dende a primeira proba de Baiona.

En xuvenís repetíase o resultado dos cadetes: BMP Pescados en feminino e PTV Handstrand en masculino proclamábanse campións galegos. As de Pescados gañaron a final fronte a seu gran rival da tempada, o Molubesa Area Bueu, e os de Pontevedra tamén se facían co título tendo en diante a un habitual nas finais, como o Veba Pico.

Para finalizar a categoría sénior vivía unha das tempadas máis igualadas tanto en feminino como masculino. Ambas fináis poderían considerarse como «o noso derbi» do balonmán praia. En feminino, El Bunga e Veba Waterfuckers buscaban un ano máis ser campioas galegas. A balanza inclinábase por segundo ano consecutivo a favor do Veba, quen fai ver que non hai temporada que baixe os brazos.

O campionato sénior masculino decidíase entre dous clásicos da area galega. PTV Handstrand e BMP Painkillers xogábanse o título á morte súbita despois de dúas partes moi desiguais e uns shoot outs que deixaban empatado o encontro. Un ano máis, ao igual que o Veba, PTV Handstrand segue no máis alto de balonmán praia galego e acadaba así o tricampeonato en categoría masculina cos seus cadetes e xuvenís.

Noraboa a todos, e vémonos na praia!

1 Comment to “ GALICIA XA TEN CAMPIÓNS DE BALONMÁN PRAIA”

  1. You really make it appear really easy with your presentation but I to find this topic to be actually one thing that I feel I’d never understand. It seems too complicated and very broad for me. I am looking ahead for your next publish, I’ll attempt to get the hang of it!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *