IRENE RÍOS E NEREA PATIÑO, CONVOCADAS COA XERACIÓN 2006/07

As galegas Irene Ríos (BM Cangas) e Nerea Patiño (AD Carballal) foron convocada para participar na primeira concentración da xeración 2006/07, que se celebrará do 26 de marzo ao 1 de abril en Íscar (Valladolid).

Será a primeira actividade que se celebre desta xeración, na que participarán un total de 40 deportistas, e que será dirixida pola seleccionadora nacional promesas, Cristina Cabeza.

As xogadoras están citadas en Madrid o 26 de marzo, para desde aí trasladarse en autobús ata Íscar, onde traballarán durante case unha semana en dobres sesións de adestramento diarias.

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *