LUCEROS B, NOVO EQUIPO DE PRIMEIRA AUTÓMICA MASCULINA

O Luceros B acadou o ascenso a Primeira Autonómica Masculina esta fin de semana despois de superar na final ao Proquideza Balonmán Loriga. Desta forma o Luceros súmase ao Calmear Rasoeiro, que conseguira o ascenso ao proclamarase campión de Segunda Autonómica.

Esta fin de semana celebrouse na Guarda a Final Four de Segunda Autonómica cun posto de ascenso en xogo. Na primeira semifinail o Loriga superou ao Sanxenxo Balonmán sen excesivos apuros (39:27), mentres que o Luceros viviu unha semifinal moi intensa ante o anfitrión, o Mecalia Atlético Guardés. O choque foi tremendamente axustado e tivo que decidirse na prórroga, logrando a clasificación para a final o conxunto cangués (34:36).

E na final, o Luceros (cuarto clasificado en Liga) deu a sorpresa e superou ao Loriga (segundo clasificado). A primeira metade estivo igualada, pero na segunda o Luceros logrou distanciarse para chegar ao final cunha ampla vantaxe (24:33). Por outra banda, sinalar que o meta Javi Fernández, do Luceros, foi elixido mellor xogador da final. Ademais, na loita pola terceira posición, o Mecalia Atlético Guardés superou ao BM Sanxenxo.

Debes ser identificado introducir un comentario.