O Pavillón Municipal foi o elixido pola Universidade de Vigo para disputar a competición.
Un ano máis comeza a tempada universitaria de balonmán. O Campionato Galego, organizado este ano pola Universidade de Vigo, abrirá as portas nacionais para quen mañá se proclame campioa na cidade do Lérez.
As Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo como anfitrioa buscarán a vitoria nunha competición de todos contra todos. Cabe destacar que este ano a Universidade Da Coruña non puido presentar conxunto feminino por non reunir un mínimo de xogadoras matriculadas na nosa disciplina.
Na sección feminina o campionato disputarase a un só encontro a tempo reglamentario oficial entre a UVigo e a USC. As da UVigo chegan a este torneo sendo as actuais Campioas de España, algo que as fai afrontar a competición con moitas ganas, xa que se mantén na sua gran maioria o bloque do equipo e incluso reforzan a plantilla con postos no que o ano pasado so contaban con unha xogadora. En palabras do seu adestrador Iago Rivas, as rapazas buscan a clasificación para o nacional tendo como máxima premisa a ilusión.
O acadado o ano pasado non nos vai a asegurar un resultado favorable. A USC coas súas ansias gañadoras farán que o teñamos que loitar os 60 minutos.
Laura Rúa, Xogadora da UVigo
Bruno López, como adestrador dos conxuntos da Universidade de Santiago de Compostela, fálanos do feminino como un grupo moi compensado, con menos experiencia que o seu rival, pero con calidad suficiente para pelexar o partido. Se cren, poden conseguir a vitoria, asegura.
Somos un equipo xoven e renovado, chegamos sabendo que quen nada teme é tan forte como quen por todos é temido.
Débora Garrido, Xogadora da USC
Por outra banda a competición masculina constará de 3 encontros con dúas partes de 25 minutos cada unha. A UDC chega con un conxunto máis reducido que outros anos, máis iso non é impedimento para conseguir unha plantilla compensada con xogadores moi polivalentes. Daniel Angeriz apunta como técnico que pese a poder ter poucos adestramentos e varias baixas por clases obrigatorias están preparados para competir.
Carlos Rodríguez, adestrador da UVigo masculina, cóntanos que chega cunha plantilla formada por xogadores que militan na súa maioría en categorías nacionais. Un grupo unido que xa se coñece por compartir vestiario ou seleccións galegas e amosa unha mentalidade positiva de cara a plasmar no campo a gran complicidade que puido observar nos adestramentos.
Temos moitas ganas de seguir sendo os campións, mais sabemos que non nos van regalar nada e pode que este ano a competición este máis apretada que nunca.
Santiago Picallo, Xogador da UVigo
A USC ten claro que a Universidade de Vigo parte como favorita. O conxunto non puido adestrar con todos os seus compoñentes xuntos e son conscientes de que todo dependerá de se son capaces de aguantar o ritmo dos partidos que lles impoñan, xa que ao igual que as demáis Universidades afirman que será unha bonita e igualada competición.
Levamos unha das plantillas máis completas dos últimos anos. Temos ilusión e estamos dispostos a plantarlle cara a calquera dos nosos rivais.
Iván Campos, Xogador USC
Your point of view caught my eye and was very interesting. Thanks. I have a question for you.