Buscar
Cerrar este cuadro de búsqueda.
Despois de varios meses de preparación, chegou o momento da verdade para as seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas. Os nosos combinados comezan mañá o Campionato de España de Seleccións Territoriais 2023, que se celebrará do 3 ao 8 de xaneiro na provincia de Alacante. O CESA regresa ás súas datas habituais
Hoxe rematou o I Torneo Internacional Deputación da Coruña, que se celebrou durante tres días en Santiago de Compostela coa participación das seleccións de Galicia e Asturias das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculinas e femininas), así como os combinados de Oporto e varios clubs galegos. O obxectivo prioritario deste torneo era seguir avanzando coa
O Concello de Santiago acollerá do 9 ao 11 de decembro o I Torneo Internacional de Balonmán Deputación da Coruña, no que participarán 20 equipos e máis de 450 deportistas das categorías infantil, cadete e xuvenil (masculina e feminina). No aspecto deportivo o principal obxectivo desta competición é servir como preparación das seleccións galegas de
Bruno López Molina foi reelixido presidente da Federación Galega de Balonmán na asemblea xeral  celebrada esta tarde no salón de actos da Casa do Deporte. Na asemblea tamén foron elixidos varios membros da Comisión Delegada. A de Bruno López era a única candidatura presentada, polo que foi reelixido como presidente pola asemblea. Posteriormente, procedeuse a
Día moi duro para o balonmán galego. Despois dunha longa enfermidade deixounos un dos nosos, Geno Gómez, xogador, técnico e seleccionador galego. Todos e todas os que o coñecían sabían que era un home que vivía tanto a vida como o balonmán con paixón. E iso quedou claro ata o final. Pediunos que non quería
O domingo 27 de novembro celebrarase a Xornada de Promoción do balonmán Concello de Miño, co obxectivo prioritario de seguir avanzando na expansión do balonmán por toda Galicia. Hoxe tivo lugar o acto de presentación do evento, coa participación do alcalde de Miño, Manuel Vázquez; o concelleiro de Deportes de Miño, José Manuel Pantín; o
As seleccións galegas infantís e cadetes (masculinas e femininas) xogarán esta fin de semana (19 e 20 de novembro) o Torneo Internacional de Seleccións Rexionais en Maia e Valongo (Portugal). Este torneo servirá como preparación para o Campionato de España de Seleccións Territoriais (CESA) 2023. Os combinados galegos sairán o sábado 19 pola mañá en
A Federación Galega de Balonmán, a través do  programa #Xogabalonmán na escola, “entrará” en máis de 120 centros escolares da provincia de Pontevedra. O obxectivo fundamental desta actuación é dar a coñecer o balonmán a máis de 3.500 alumnos/as de cuarto de Primaria. O programa, realizado en colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte,  comezará
Bruno López Molina é o único candidato á presidencia da Federación Galega de Balonmán, unha vez pechado o prazo de presentación de candidaturas. Toma posesión membros electos Asemblea FGBm. A Xunta Electoral recibiu o escrito da toma de posesión e aceptación do cargo como membros da Asemblea Xeral da FGBm. polos estamentos de clubs, xogadores/as,
Xa está aberto o prazo de inscrición para un novo curso de adestrador de nivel 1, convocado pola área de Formación da Federación Galega de Balonmán. O curso, que se celebrará do 2 de novembro ao 30 de decembro, terá unha carga lectiva total de 270 horas (150 de prácticas). Con este curso o alumnado