Xa está aberto o prazo de inscrición para dous cursos de monitor/a e adestrador/a especialista en balonmán praia! O primeiro será o curso de monitor/a de balonmán praia nivel I que se celebrará os domingos 1 e 8 de maio, combinando clases online con presenciais. O prezo do curso é de 45 euros e todas
CdeC Lavadores, na categoría feminina, e Indupor BM Porriño, na masculina, proclamáronse hoxe en Culleredo campións da Final Four de Primeira Autonómica, subcampións galegos e acadaron así a clasificación para a fase de ascenso xunto cos campións galegos (Asmubal Meaño feminino e UB Lavadores masculino). Foi unha fin de semana chea de grandes partidos no
Hoxe tivo lugar a presentación da Final Four de 1ª Autonómica Masculina e Feminina, que se celebra esta fin de semana no Pavillón do Tarrío (Culleredo) e na que os equipos participantes buscarán unha praza para disputar a fase de ascenso. Na presentación estiveron presentes o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo; o concelleiro de
A selección galega infantil masculina conseguiu o bronce, unha medalla máis que merecida despois do gran CESA realizado estes días en Murcia. Foi un partido tremendamente igualado e disputado no que Galicia nunca deixou de crer nas súas posibilidades. Ademais, da última xornada hai que destacar os triunfos das seleccións cadetes que lograron proclamarse campioas
A selección galega infantil masculina loitará maña con Castela e León por acadar unha medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe Galicia non puido con Andalucía nun partido con moitas imprecisións e nervios dos nosos rapaces. O equipo xuvenil feminino buscará a sétima posición e os catro restantes tratarán
A selección galega infantil masculina acadou o pase para as semifinais do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe Galicia superou a Madrid (29:23) e mañá enfrontarase a Andalucía, un dos claros favoritos. Pola súa banda, a selección galega xuvenil feminina non puido con Euskadi nos cuartos de final e loitará pola quinta
Día moi complicado para as seleccións galegas no Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Hoxe foi un día de bágoas, de tristeza e de enorme desilusión para os combinados galegos. Só acadaron o pase para os cuartos de final, a selección infantil masculina e a xuvenil feminina, aínda que hoxe tamén perderon os
A selección galega infantil masculina acadou hoxe a segunda vitoria consecutiva e logrou a clasificación para os cuartos de final do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Murcia. Non foi un gran día en canto a resultados. So gañaron as seleccións infantil masculina e xuvenil feminina, e mañá será un día decisivo para tratar
Dúas vitorias, un empate e tres derrotas. Este é o balance das nosas seleccións na primeira xornada do CESA 2022, un día no que os nervios pesaron en exceso. Venceron as dúas seleccións infantís, empatou a xuvenil masculina e caeron de forma clara os combinados da categoría cadete e a selección xuvenil feminina. Infantil feminina.
Pasaron case dous anos e medio da última viaxe das nosas seleccións a un Campionato de España de Seleccións Territoriais. Despois da suspensión do CESA 2021 e do aprazamento da edición do 2022 ata Semana Santa, chegou o momento da verdade. As seleccións galegas infantil, cadete e xuvenil masculinas e femininas participarán no CESA do