O Asmubal Meaño logrou o ascenso a Primeira Nacional Masculina, tras realizar unha fase de ascenso inmaculada e vencer no partido decisivo ao Zarautz. Era o partido, a final na que todo se decidiría e na que aos locais só lle servía a vitoria. Enfronte o Zaratuz, un equipo que asustou durante os dous primeiros partidos nos que arroiou aos seus rivais e logrou unhas vantaxes que lle poñían por diante en caso de empate.
Pero o Asmubal Meaño non se asustou. Traballou o partido desde o minuto 1 ao 60, sabendo que a concentración e o traballo defensivo eran claves para estar metidos no partido. E así foi. Na primeira metade, a boa defensa dos locais sumada á enorme actuación de Álvaro Salgueiro ` Vari´ en portería permitiulles estar metidos no partido, a pesar de que en ataque non atopaban a tecla. Os vascos ían por diante no marcador, pero con distancias moi curtas, que para nada eran definitivas. Ao descanso, 10-12 para o Zarautz.
Tras o paso por vestiarios, os homes de Víctor Garrido saíron máis enchufados e enseguida igualaron o choque (13-13, min. 33). A partir de aí continuos empates no marcador, cun Meaño empuxado pola bancada e un Zarauzt que xa vía que non ía ser un paseo como os dous partidos anteriores.
Así, con esta igualdade chegouse aos cinco minutos finais (22-22), nos que o conxunto do Salnés aproveitou os erros en ataque dos vascos para chegar con dous goles de vantaxe a 90 segundos para o final. O golazo de Alberto a falta de algo máis dun minuto puxo ao bordo do infarto á bancada, xa que o empate servíalle aos de Zarautz. E tiveron bóla para logralo, pero non puideron chegar a poñer a proba a Vari, xa que a defensa encargouse de impedir este lanzamento. E explotou a festa no Pavillón de Coirón.
24. ASMUBAL MEAÑO: Nacho Otero (8), Álvaro Salgueiro, Pablo Piñeiro, Carlos Gehrhardt (4), Juan Cuenca (3), Mario, Manuel Gómez, Iván Campos (2), Brais Vázquez, Pablo Garrido (5), Jorge Brandón, Rodrigo Mouco, Felipe Lorenzo, José Luis Arosa (2), David Castro.
23. TXIKIPOLIT ZARAUTZ ZKE: Beñat Aranguren, Joseba Arregi (1), Ioritz Iruretagoyena (2), Joan Aiertza (4), Xuban Manterola, Haritz Etxeberria (3), Víctor Fernández (3), Josu Aranguren, Imanol Eizaguirre, Fausto Berazadi, Telmo Sanz, Asier Lerchundi, Inhar Loidi, Kepa Azcue (2), Alberto Aguirrezabalaga (7), Aitor Atorrasagasti (1).
ÁRBITROS: Yonatan Lázaro e David Portugal. Excluíron dous minutos a Carlos Gehrhardt e Iván Campos (2), polo Meaño e aos visitantes Asier Lerchundi, Alberto Aguirrezabalaga e Aitor Atorrasagasti.
PARCIAIS: 3-2, 4-5, 6-7, 7-8, 9-9, 10-12 (descanso), 13-14, 16-17, 18-19, 20-20, 22-22, 24-23 (final).
INCIDENCIAS: Terceira xornada do grupo A da Fase de Ascenso a Primeira Nacional Masculina, que se disputou no Pavillón de Coirón. Gran ambiente nas bancadas, pese ás restriccións.
Fitspresso reviews
Fitspresso
Fitspresso reviews
Fitspresso review
Fitspresso review
You should take part in a contest for one of the best blogs on the web. I will recommend this site!
Weight loss juice
Zencortex review
I get pleasure from, cause I discovered just what I was taking a look for. You have ended my 4 day long hunt! God Bless you man. Have a great day. Bye
Lottery defeater reviews
Very clear internet site, thankyou for this post.
I am now not certain where you’re getting your information, however good topic. I needs to spend some time studying more or figuring out more. Thank you for fantastic information I used to be on the lookout for this info for my mission.
Neotonics reviews
Dentavim review
Thank you for the auspicious writeup. It in fact was a enjoyment account it. Glance complicated to more added agreeable from you! However, how can we keep in touch?