O 24 DE FEBREIRO O PROGRAMA CONVIVIR DEPORTIVO DA RADIO GALEGA TERÁ A FRAN TEIXEIRA COMO PROTAGONISTA

Fantástico evento o que nos espera o 24 de febreiro (18:30 horas) na Casa do Deporte en Vigo. Alfonso Pardo entrevistará no programa Convivir Deportivo da Radio Galega a Fran Teixeira, o técnico galego máis galardonado.


Que dicir de Fran! Toda unha vida adicada ao balonmán. Comezou nos bancos con 15 anos adestrando a un equipo infantil do Santa Cristina e con 19 anos xa estaba na categoría sénior, adestrando a xogadores moito maiores ca el. Pasou polo Santa Cristina, Lalín, Mercantil, Teucro, Chapela, Octavio, Gaia, Sporting de Lisboa e regresou ao Chapela hai xa máis de 10 anos, onde continúa. Ademais foi seleccionador galego en todas as categorías e no ano 2018 recibiu a medalla e insignia de oro ao mérito deportivo da Federación Española de Balonmán.


O programa promete, porque ninguén como Fran para contarnos algunha das súas anécdotas ao longo de tantos e tantos anos na banda. E tamén haberá invitados, nunha tarde única de balonmán! Non volo perdades! Entrada de balde! #SomosGalicia

Por se queredes ir facendo boca, con momentos únicos do balonmán galego da man de Fran Teixeira.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *