O 4 DE XULLO, ASEMBLEA ORDINARIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN

O sábado 4 de xullo celebrarase en Vigo (salón de actos do Edificio das Federacións Deportivas) a Asemblea Ordinaria da Federación Galega de Balonmán, que este ano será un pouco diferente polas medidas de prevención adoptadas nesta «nova realidade» na que nos atopamos. A primeira convocatoria será ás 09:30, mentres que a segunda terá lugar trinta minutos máis tarde.

Na orde do día figura a presentación do presidente, o informe sobre os acordos adoptados na asemblea da RFEBM, situación COVID-19; análise e datos relevantes da tempada 2019/2020, así como o informe económico e aprobación de contas.

Pola situación que estamos a vivir, para asistir á asemblea debemos tomar unhas medidas de prevención tales como distancia entre persoas, uso obrigatorio de mascarillas dentro do edificio e non se entregarán impresas as propostas que se van tratar. No seguinte enlace tedes as medidas de prevención que se adoptarán.

Para asistir como representante de club é obrigatorio a presentación da autorización de representante de entidade deportiva (a tedes no anexo), mentres que para acudir como xogador/a, adestrador/a ou árbitro/a, debedes presentar o voso DNI.

No seguinte enlace podedes descargar a memoria da tempada 19/20, que será presentada o sábado durante a asemblea. (O enlace terá unha vixencia de dez días aproximadamente).

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *