PUBLICADAS AS BASES REGULADORAS DA SUBVENCIÓN DA XUNTA PARA ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS DEPORTIVOS

O Diario Oficial de Galicia publica no seu número de hoxe 5 de febreiro a resolución da Secretaría Xeral para o Deporte pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvención para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021. 

Os beneficiarios destas axudas para a adquisición de equipamentos deportivos son os clubs deportivos galegos, sociedades anónimas deportivas e as federacións deportivas galegas. 

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria que saíu publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *