O 7 DE NOVEMBRO, I XORNADAS «DI NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO NO DEPORTE»

O próximo 7 de novembro celebraranse en Santiago de Compostela as primeiras xornadas «Di non á violencia de xénero no deporte», organizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Deporte Galego.

Este curso de formación, que se impartirá na EGAP, vai dirixido a clubs, asociacións, federacións, agrupacións deportivas escolares, fundacións deportivas; Concellos (responsables de escolas deportivas); técnicos deportivos e alumnos de TAFAD, Maxisterio e da FCDAF.

Para participar nesta xornada é necesario que enviedes o formulario de inscrición cuberto a fundaciondeportegalego.pr@xunta.gal antes do martes 5 de novembro ás 14:00 horas.

Convenio

O pasado 22 de marzo de 2019 a Secretaría Xeral para o Deporte asinou un convenio coa Secretaría Xeral da Igualdade para desenvolver as medidas previstas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, como as que se refiren ao desenvolvemento de campañas de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero.

Dentro das liñas de actuación a desenvolver, atópase esta Xornada para que o tecido deportivo coñeza estratexias para loitar contra a violencia de xénero, particularmente no ámbito do deporte pero tamén noutros contextos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *