A SD Atlético Novás será o encargado de organizar a Final 4 Infantil Masculina e Feminina da tempada 2025/2026, que se celebrará os días 18 e 19 de abril de 2026.
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas polos diferentes clubs interesados, e tras a aplicación do sistema de valoración establecido pola Federación Galega de Balonmán, a candidatura do club rosaleiro foi a designada para acoller esta fase final, sendo ademais a única proposta válida que cumpriu cos requisitos establecidos.
Deste xeito, O Rosal converterase durante esa fin de semana no epicentro do balonmán galego de base, reunindo aos mellores equipos infantís masculinos e femininos nun formato de competición que decidirá os campións autonómicos da categoría.
A celebración desta Final 4 supón unha nova oportunidade para seguir promovendo o balonmán entre os máis novos, ofrecendo un escenario competitivo de alto nivel no que os xogadores e xogadoras poderán continuar co seu proceso de formación deportiva e persoal.
Desde a Federación Galega de Balonmán quérese destacar e agradecer o interese amosado polos clubs que presentaron a súa candidatura, así como o compromiso da SD Atlético Novás para acoller un evento que, sen dúbida, será unha referencia dentro do calendario do balonmán galego.
Nos vindeiros días daranse a coñecer máis detalles organizativos relativos á celebración desta Final 4.



