O Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas chega a Curtis

A presentación oficial do evento terá lugar mañá venres, 31 de xaneiro, no Salón de Actos do Recinto Feiral de Curtis.

A localidade de Curtis acollerá esta fin de semana o Campionato Estatal de Balonmán en Cadeira de Rodas, un evento que reunirá a algúns dos mellores equipos desta modalidade nunha xornada de competición e inclusión deportiva.

A presentación oficial do campionato celebrarase o venres 31 de xaneiro, ás 13:00h, no Salón de Actos do Recinto Feiral de Curtis (Avda. Emilio Martínez Sánchez, S/N, 15310 Curtis). O acto contará coa presenza de autoridades e representantes do balonmán, entre eles Óscar Perales (Inclusport), Bruno López (Presidente da Federación Galega de Balonmán) e Lorenzo Envo (ICB Coruña), entre outros.

sábado 1 de febreiro será o día grande do campionato, con tres partidos nos que competirán os equipos Inclubasket A Coruña, CB Parla BMSR e Inclusport Serban. Os encontros disputarase no Pavillón Municipal de Curtis cos seguintes horarios:

  • CB Parla BMSR – Inclusport Serban (10:45h)
  • ICB Coruña – Inclusport Serban (12:00h)
  • ICB Coruña – CB Parla BMSR (13:15h)

Ademais da competición, a xornada contará con diversas actuacións das escolas de ximnasia artística e patinaxe de Curtis, así como da escola de baile local, engadindo un toque especial de espectáculo e entretemento para todos os asistentes.

Curtis convertirase, por tanto, nun referente do balonmán inclusivo durante esta fin de semana, cun evento que pretende visibilizar e impulsar o deporte adaptado, fomentando a igualdade de oportunidades no ámbito deportivo.