AS DE ISMAEL MARTINEZ LOGRARON IMPOÑERSE NO PARTIDO DE VOLTA POR 27-30 AO HAZENA KYNZVART
O Conservas Orbe Rubensa ven de facer historia despois de acadar a clasificación para a súa primeira final continental.
O equipo de O Porriño realizou un encontro moi completo en terras checas, amparadas por unha gran defensa, coa portería totalmente enchufada e coas ideas moi claras en ataque, as xogadoras dirixidas por Ismael Martínez levaron o tempo ante todo o encontro.
Cun 27-30 final, as porriñesas aseguran a súa praza na final da EHF European Cup, e esperan ao seu rival, que sairá do encontro entre o Valur (Islandia) e o MSK Iuventa Michalovce (Eslovenia), na encontro de ida, as eslovenas vencieron por 25 a 23.
A final celebrarase en formato de ida/volta, e disputarase os días 10 e 17 de maio de 2025.
A Federacion Galega de Balonmán quere dar a noraboa ao Club Balonmán Porriño por este fito histórico para o club, a todas esas persoas que fixeron e seguen a facer realidade o soño dun pobo, pero en especial, queremos felicitar a Ismael Martínez, seleccionador galego xuvenil feminino e director técnico da área feminina das seleccións galegas.
Vémonos na final!
Foto: Xoel Gil