PABLO GONZÁLEZ E CARLOS ÁLVAREZ, CONVOCADOS COS HISPANOS XUVENÍS

Os galegos Pablo González e Carlos Álvarez (ambos do Cisne Balonmán) foron convocados polo seleccionador Javier Fernández, para participar nunha concentración que realizarán os Hispanos Xuvenís, na Universidade Camilo José Cela, en Villanueva de la Cañada (Madrid), do 26 de abril ao 2 de maio.

A selección xuvenil masculina regresa ao traballo despois de coñecer que finalmente este verán haberá unha cita internacional: O Campionato de Europa sub 19 en Croacia. Así que hai que continuar a preparación cun obxectivo á vista.

Na seguinte ligazón tedes a convocatoria e o plan de traballo.

Noraboa Pablo e Carlos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *