A Federación Galega de Balonmán celebra o Día Internacional da Nena

Hoxe 11 de outubro celébrase o Día Internacional da Nena e a Federación Galega de Balonmán quere felicitar a todas as nosas «nenas»: As que xogan ao balonmán, as adestradoras, as mamás, irmás, aboas… que levan aos/ás seus nenos/as a adestrar, as dirixentes que traballan nos clubs, as árbitras e mesas…. a todas as que fan posible que o balonmán galego sexa plural, que teñamos máis de un corenta por cento de licenzas femininas, que contemos con dous clubs galegos na máxima categoría do balonmán feminino español, que teñamos unha canteira feminina que non deixa de dar froitos…. Por isto, e por moito máis que somos e que queremos ser…. Feliz Día da Nena!!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *