Foi no partido Calvo Xiria-Magope Seis do Nadal da pasada fin de semana. A parella arbitral formada por Pablo Torreiro e Marcos Pérez saltaron á pista co prototipo de máscara deportiva que acaba de presentar a Federación Galega de Balonmán e un chifre electrónico. Foi unha gran experiencia para os nosos colexiados, que nos aseguran que estiveron cómodos e que, por suposto, repetirán esta mesma fin de semana.
Falamos con Marcos Pérez e Pablo Torreiro para coñecer as súas impresións e o certo é que estaban moi contentos: “A experiencia foi moi boa. Coa máscara estivemos moi cómodos y co chifre tamén, aínda que “o xesto-forma é diferente e tamén, segundo a onde apuntes, se escoita máis ou menos, pero isto é cuestión de probar, nada máis”, afirmou Marcos. E parecen decididos a insistir, xa que esta fin de semana, que arbitran en Lavadores, pensan volver a utilizar tanto a máscara como o chifre electrónico: “Agora mesmo non me imaxino saltar a unha pista sen máscara e chifre electrónico. A proba do sábado en Carballo foi moi satisfactoria, e será a nosa nova «normalidade». Esperemos que por pouco tempo, porque significaría que termina este pesadelo”, destacou Torreiro.
Coa máscara -que era un prototipo da que presentou esta semana a Federación Galega de Balonmán para as competicións oficiais en Galicia- non tiveron problema algún: “Tanto Pablo coma min somos técnicos deportivos polo que estamos acostumados a usala mentres traballamos, pero a verdade é que esta é moi cómoda. Das mellores que probei”, sinalou Marcos. Neste mesmo sentido expresouse Pablo Torreiro, que so ve un problema, e non é coa máscara: “O principal hándicap é a comunicación: A miúdo realizamos indicacións de prevención ou aviso a xogadores con xestos faciais, que agora non existen. Á marxe do anterior, a máscara é moi cómoda: adáptase perfectamente á cara e as subxeccións, detrás da cabeza, son óptimas. En canto á capacidade respiratoria, conseguimos dar un nivel de esixencia física nese partido sen problemas, a pesar dos continuos contraataques”.
Con respecto ao chifre electrónico, Pablo, aínda que recoñecía que ao principio a sensación era un pouco estraña, estaba encantado: “Xenial. A nivel persoal incluso mellor que o anterior: Non o fas soar ao lado dos nosos oídos”. O único problema: “Igual teremos que buscar un cun son un pouco mais elevado para aqueles encontros nos que o barullo do público sube en decibelios”. O chifre que utilizaron ten tres niveis de son.
E como xurdiu todo? No stage arbitral celebrado en setembro, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, explicou ao colectivo arbitral galego como sería a volta as canchas e dende ese momento, esta parella ofreceuse para probar. E cando esa semana viron que lles tocaba arbitrar ao Xiria, que está a xogar con máscaras, a decisión foi clara, segundo nos conta Pablo: “Por deferencia a eles e a situación na que nos atopamos, decidimos poñernos mans a obra”.
Marcos rematou cunha frase que di que repiten a miúdo: “Sempre pensamos que hai dous tipos de persoas: As que se queixan polas cousas que suceden e as que tentan adaptarse e aprender. E nós somos da segunda”. Pois aprendendo estamos!
Hi my family member! I wish to say that this post is awesome, great written and include approximately all significant infos. I’d like to see extra posts like this.
Some really excellent info , Gladiola I noticed this.
Hi , I do believe this is an excellent blog. I stumbled upon it on Yahoo , i will come back once again. Money and freedom is the best way to change, may you be rich and help other people.
I was curious if you ever considered changing the layout of your site? Its very well written; I love what youve got to say. But maybe you could a little more in the way of content so people could connect with it better. Youve got an awful lot of text for only having 1 or 2 images. Maybe you could space it out better?
I do not even know how I ended up here, but I thought this post was great. I do not know who you are but definitely you are going to a famous blogger if you aren’t already 😉 Cheers!
Can I just say what a relief to find someone who actually knows what theyre talking about on the internet. You definitely know how to bring an issue to light and make it important. More people need to read this and understand this side of the story. I cant believe youre not more popular because you definitely have the gift.
Lovely just what I was searching for.Thanks to the author for taking his time on this one.