O Espazo Sociocultural Camilo José Cela acolleu hoxe a presentación oficial das dúas grandes competicións que abrirán a tempada 2026-2027 do balonmán galego O Espazo Sociocultural Camilo José Cela en Tui acolleu na mañá deste venres a presentación oficial da Copa Galicia e da Supercopa Galicia 2026, un acto que serviupara dar o pistoletazo de saída á nova tempada do balonmán galego e presentar dúas das competicións máis destacadas do calendario da Federación Galega de Balonmán. A cita reuniu ás institucións, á Federación Galega de Balonmán e aos clubs protagonistas das catro finais que se disputarán en Tui, nun acto que puxo en valor