PUBLICADO O PROTOCOLO DE REGRESO Á ACTIVIDADE «SEN CONTACTO» APROBADO POLA XUNTA

A Secretaría Xeral para o Deporte aprobou no día de onte o protocolo de regreso á actividade «sen contacto» presentado pola Federación Galega de Balonmán, de forma que os clubs e federados/as poden volver aos adestramentos.

Nas seguintes ligazóns, tedes o protocolo que regulará á volta ao traballo no balonmán galego, así como a aprobación asinada pola Xunta.

Nun comunicado, a FGBm recorda que este protocolo regula o deporte federado autonómico e que, aínda que a Federación está preparada para o inicio das competicións (os calendarios xa foron aprobados), sigue á espera da regulación necesaria por parte da Administración. Por este motivo, a Federación xa está traballando en novas propostas para «promocionar o noso deporte e o goce de todos/as os que amamos o balonmán galego» e a vindeira semana convocarase á Comisión Delegada para abordar esta situación.

A Federación Galega de Balonmán amosa o seu total desacordo co baleiro existente na regulación que rodea ás competicións de ámbito nacional, o que provoca unha diferenciación inexplicable coas competicións autonómicas. Por todo isto, «a Federación Galega de Balonmán pide unificación de criterios, consenso, diálogo, traballo en equipo e ambición para saír desta situación do mellor xeito posible e canto antes, que, por outra banda, son algúns dos valores máis significativos do deporte».

Podedes ler o comunicado íntegro da Federación Galega de Balonmán sobre o regreso á actividade na seguinte ligazón.

1 Comment to “ PUBLICADO O PROTOCOLO DE REGRESO Á ACTIVIDADE «SEN CONTACTO» APROBADO POLA XUNTA”

  1. I don’t think the title of your article matches the content lol. Just kidding, mainly because I had some doubts after reading the article.

Debes ser identificado introducir un comentario.