No día de hoxe, a Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia unha modificación na orde do 21 de xuño de medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria provocada pola COVID-19, na que se autoriza a realización de adestramentos e competicións con contacto, sempre que os e as deportistas utilicen máscaras.
Desta forma, a partir de mañá xa poderían comezar os adestramentos con contacto, iso si, levando máscaras, tentando reducir o tempo do contacto e cumprindo todas as normas de limpeza e desinfección marcadas.
Isto significa á volta á competición en breve, polo que se ata agora era un traballo en silencio para conseguir a autorización, agora toca volver aos adestramentos e moi pronto aos partidos. A Federación Galega de Balonmán está a traballar de forma exhaustiva na elaboración dun protocolo de competición que nos permita volver, cumprindo todas as medidas solicitadas polas autoridades. Por iso, imos insistir ata a saciedade na necesidade de cumprir o protocolo coa máxima rigorosidade en beneficio de todos/as.
O próximo día 26 de setembro celebrarase unha asemblea xeral extraordinaria, á que se levará para a súa aprobación unha proposta de calendario para a tempada 2020/21, así como o protocolo de competición anti-COVID. Xa queda moi pouco para que poidamos volver facer o que máis nos gusta: Balonmán!
Na seguinte ligazón, tedes a modificación da Orde do 21 de xuño publicada no día de hoxe no Diario Oficial de Galicia.
Debes ser identificado introducir un comentario.