SAE Á VENDA UN NOVO PAQUETE DE ENTRADAS PARA O ESPAÑA-PORTUGAL

A Xunta de Galicia aceptou, aínda que so en parte, a ampliación do aforo no Pavillón de As Travesas solicitado pola Federación Galega de Balonmán para o partido España-Portugal do día 10 de xullo. Hoxe mesmo sae a venda un novo paquete de entradas.

As localidades, a un prezo de 10 euros (máis 1 euro por gasto de xestión), poñeranse á venda a través da plataforma Cluber na seguinte ligazón ata que se esgoten. Para acceder ao pavillón é obrigatorio presentar o código QR que se obtén ao finalizar a compra.

Hai que recordar que para este partido, como para os anteriores celebrados en Pontevedra e Ourense, cumprirase un estrito plan de prevención da COVID-19, no que se marcar as butacas que poden utilizarse (cun metro e medio de distancia perimetral), control de accesos, circulacións internas, ademais de que todos os asistentes ao partido deberán levar a correspondente máscara. Por outra banda todos os deportistas e membros da organización pasarán un test de antíxenos por persoal cualificado o mesmo día do encontro.

Finalmente Sanidade só aceptou en parte a ampliación do aforo solicitado, polo que so poderán asistir ao partido España-Portugal pouco máis de 600 persoas.

Nesta ligazón podedes adquirir a vosa localidade para o España-Portugal.

Debes ser identificado introducir un comentario.