A localidade pontevedresa confírmase como a última sede en entrar a formar parte do Arena Handball Tour 2025
Madrid, 8 de maio de 2025
O Arena Handball Tour 2025 complétase no día de hoxe ao quedar confirmada a sede do último evento con rango ‘Arena 1000’ do verán: o Arena 1000 de Sanxenxo, a disputa está prevista para a fin de semana do 4, 5 e 6 de xullo.
A praia de Silgar da localidade pontevedresa retorna, por tanto, ao circuíto de balonmán praia organizado pola Real Federación Española de Balonmano, dado que no verán de 2022 foi escenario, de forma simultánea, dunha cita Arena 1000 e do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.
Situada no corazón de Sanxenxo, a praia de Silgar ofrece un enclave único para albergar un evento destas características, ao tratarse dunha das praias de maior extensión de Galicia. Combina beleza natural, froito da espectacular panorámica do municipio que debuxa, con servizos de calidade e unha vibrante vida urbana que, sen dúbida, vai conquistar a todos os participantes.
